1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O duro traballo da Comisión de Festas da o seu resultado cun cartel espectacular para a edición do 2013

Se ben en canto ao esforzo desenvolvido, os resultados espectaculares e o éxito prácticamente asegurado a Comisión da Festa do Carme optou por unha liña continuista respecto ao exercicio anterior, en cambio apostou decididamente polo cambio en canto ao diseño do cartel. Non polo que se refire ao artista elexido para levar a cabo de xeito desinteresado tan honrosa distinción, que un ano máis foi o Director de Camarinas.eu Diego Alonso Freire, senón polo que atinxe ao impactante color bermello que ilustra o fondo do programa de festas. Polo demáis si cabe mencionar un aposta arriscada: a víspera queda reducida a un repique de campás as 12:00 da mañá do luns 15 de xullo e ao estourido de 21 bombas de palenque. Este ano veremos unha procesión co persoal fresco como unha leituga, posiblemente o evento destas características máis sano da historia. E eso que, unha vez demostrado de xeito empírico e inobxetivable por Rafael Lema, falamos dunha festa con alomenos 271 anos de antiguedade.

Polo demáis será ás 9:30 horas do martes 16 cando cunha alborada comence o epicentro volcánico da maior explosión piroplástico-festeira da Costa da Morte, encargándose trala procesión da sesión vermouth a Orquesta La Bámbola, acompañada na verbena por Marbella e Disco Móvil MM. Obviamente a partires da 1:00 uns espectaculares fogos artificiais farán pequenas as demostracións pirotécnicas da China das épocas do Emperador Kubilai Khan. O mércores brinda asemesmo un programa completo de actuacións con banda de música, as gaitas de Abrindo Rejo, a misa cantada pola Coral de Camariñas e a sesión vermouth e verbena a cargo de Nueva Generación e a París de Noia co complemento por segunda noite consecutiva da Disco Móvil MM. O xoves novas sorpresas: a sesión vermouth terá lugar en Area da Vila a cargo dunha orquesta sorpresa como aperitivo da xigantesca sardiñada que como cada ano en data 18 de xullo cumprirá o seu ritual. Actuarán os Panchos do Jolfendro e distintos grupos folklóricos, dando comenzo ásemesmo a 2ª Feira Medieval Mariñeira da historia de Camariñas. A partires da 1:00 da mañán velada con Armonía Show e Panorama, tripitindo  Disco Móvil MM.

Para  o venres, máis novidades, a Charanga Támega promete un pasarrúas maratoniano de 12 horas a través de toda a Vila de Camariñas ata que ás 11:00 horas as Orquestas Ciclón e Olympus e unha Disco Móvil MM que cuadriplica o seu night fever camariñán acometan a verbena nocturna. Todo elo para que finalmente o sábado 20 Metrópolis se encarge de amenizar vermouths e chiquitos variados, ás sete da tarde as mexicanadas volvan a reinar de xeito absoluto en Camariñas como nos seus grandes días de ouro das décadas dos 70 e 80 e como aperitivo a unha verbena que arrincará ás 23:30 a cargo de Cinema e Metrópolis e unha Disco Móvil MM que completa así o seu repóker de ases, unha queimada gratuita sacie a todo aquel que asome os seus sedentos beizos polo Mercado Medieval. Precisamente para este emotivo homenaxe á alma mercantil dos nosos antergos medievais se consagrará en exclusiva o domingo 21 de xullo, alí cando a maioría dos corpos xa anden un tanto desfeitos, todo elo baixo os sons de clavicordio, cítaras e bandurrias da Charanga Medieval Mariñeira.

Unhas festas espectaculares, cun programa innovador e valente, cuio cartel un ano máis publica en rigurosa exclusiva esta redacción, para a cal foi un orgullo e un honor colaborar de xeito desinteresado aínda que fora mínimamente na organización da festa do seu pobo, sen dúbidas a máis grande festa do mundo. A Festa do Carme do Ano do noso Señor do 2013 xa está aquí. Agora, sinxelamente, a desfrutar.

Comentarios   

Eu...Kiños
+5 # RE: Cartel da Festa do Carme 2013Eu...Kiños 01/06/2013 10:13
Noraboa o pobo de camariñas e a comision de festas.Magoa non poder ser testemuña do que se presenta,unha gran festa no seu mais alto grado, dificilmente superable a programacion festiva que se brinda a todo aquel que amose receptivo de disfrutalas.Que a disfruten!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Nizam
+6 # RE: Cartel da Festa do Carme 2013Nizam 01/06/2013 12:23
Igual que ti Kinos eu non vou poder estar ahi, cando neno e mociño nunca pensaria que non podia estar esos dias en Camariñas, por cousas da vida fai anos que non me e posible, pero xa agardo as reportaxes de camariñas.eu para poder disfrutar dende lonxe os dias mais importantes da miña vila, pasadeo ben, porque son dias para olvidarse de todo e DISFRUTADEO!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Juan Ramos Alvarez
+4 # RE: Cartel da Festa do Carme 2013Juan Ramos Alvarez 01/06/2013 15:42
Las fiestas del Carmen estan tomando una progresion al alza muy buena este año ademas no os quedais cortos ni con los dias ni con las orquestas por ahi pasa lo mejor de Galicia en estos momentos yo si creo ire pues ya estoy aqui e intentare pasarlo bien siento mucha pena cuando veo como es el caso del primer comentario el que no puedan estar aqui
Responder | Denunciar ante o administrador
XURADO POPULAR
+3 # RE: Cartel da Festa do Carme 2013XURADO POPULAR 01/06/2013 19:57
Nos próximos días vaise a constituír un xurado popular na comunidade valenciana co fin da imparcialidade total no tema ,trátase nin mais nin menos que asistan ás festas da Carmen en Camariñas e logo veñan á da Barca en Muxia ,eles polo seu coñecemento nisto dos fogos artificiais darán a súa puntuación sobre os mellores
e isto será por todos os anos ata que un pobo chegue a ter mais de cen vitorias sobre o outro,que ben o imos a pasar cando gañemos, pois iso xa é seguro, váianse preparando poden participar todos ,o único é que non poden facer e votar,so os da comisión de expertos
Responder | Denunciar ante o administrador
Javier Taboada
+3 # RE: Cartel da Festa do Carme 2013Javier Taboada 02/06/2013 10:56
Aqui estaremos bailando y bebiendo cubatas ,yo si puedo dar mi opinion la digo,primero estoy de acuerdo con todo meno con un tema ,me parece mal que no pongáis la semana entera de fiesta ,asi ya íbamos toda la semana de juerga como dice la cancion" e nos como somos borrachos vamos de baranda a semana enteira"felicit ar a la comision y animar a todos a que vengan a la fiesta
Responder | Denunciar ante o administrador
riense de nos
+3 # RE: Cartel da Festa do Carme 2013riense de nos 04/06/2013 13:36
Si estás leyendo esto, tienes que saber que morirás si no lo envías a ….” ¿Quién no se ha topado alguna vez con este tipo de correo malintencionado ? Muchos ¿verdad?, en la actualidad este es un tipo de spam que transita a través de internet y que es ni más ni menos que solamente un recurso para ganar dinero a través de que gente crédula ingrese a los sitios dando clic o que lucre con el reenvío de los correos, ya que estos son contabilizados.
Responder | Denunciar ante o administrador
INGLESES
+3 # RE: Cartel da Festa do Carme 2013INGLESES 04/06/2013 13:58
Ya hace mucho tiempo que no oigo la palabra Ángel de la Guarda ,debe ser que voy para mayor y me falta mi abuela,siempre venia hasta mi cama cuando era pequeñito y me hablaba un poco de sus cosas y cuando se marchaba me recordaba la oración – en el catolicismo nos enseñan que debemos rezarle todas las noches una oración que versa así “Ángel de la guarda, dulce compañía, no me desampares ni de noche ni de día, si tú me desamparas qué será de mí, Ángel de la guarda, ruega a Dios por mí”. Con esa oración se supone que estamos en contacto con nuestro ángel y este nos protegerá durante el día completo.No se si estamos perdiendo los buenos valores o las abuelas de ahora piensan mas en la moda que en sus nietos,la familia esta perdiendo su autentico papel cuando nosotros estamos viendo como lo ingleses no se olvidan de unos marinos que murieron en nuestras costas hace mas de cien años.Gracias por el reportaje de hoy
Responder | Denunciar ante o administrador
FEATA RACHADA
+2 # RE: Cartel da Festa do Carme 2013FEATA RACHADA 04/06/2013 15:50
Temos tantas modificacións na nosa forma de vivir e entender a vida que foi unha enormidad o cambiado,si consérvanse as festas ,aínda que non todas ,claro que antes tambien eran moito mais baratas ,non como agora ,por exemplo as deste ano que teñen que valer un riñon,antes un acordeon ou unha gaita,ao non coñecer outros mundos o pasabamos ben,que mundos foron mellores,a cada un tócolle o seu epoca,e que todos o pasen ben na súa
Responder | Denunciar ante o administrador
POR PADRE Y ABUELO
+1 # RE: Cartel da Festa do Carme 2013POR PADRE Y ABUELO 04/06/2013 16:18
Gira en torno a la política pero a mí me trae a la memoria un chiste que no recuerdo bien pero que mezclaba a las aficiones de fútbol del Madrid y el Barcelona, y por lo tanto, después de lo ocurrido en los últimos días con ellas, mejor quedémonos en el mundo político.
Franklin Delano Roosevelt fue presidente de Estados Unidos entre 1933 y 1945, cuando falleció. En una ocasión le preguntaron por qué pertenecía al partido demócrata y contestó: mi abuelo y mi padre pertenecieron a ese partido, por eso pertenezco yo también a él.
Responder | Denunciar ante o administrador
HISTORIADORES
+1 # RE: Cartel da Festa do Carme 2013HISTORIADORES 04/06/2013 16:27
Non esquezamos que o labor dos historiadores é explicar o pasado, algo que se torna difícil si non imposible cando o que se pretende é analizar psicoloxicament e os desexos e as motivacións dos protagonistas da historia. Ademais, na miña opinión, o pouco coñecemento que hai adoita estar tinguido de tópicos e mitos nos que cada cal achega o ascua á súa sardiña. e facelo ademais sen necesidade de grandes tratados ou de páxinas e páxinas cheas de explicacións que máis parecen unha tese doutoral que un libro para o público xeral
Responder | Denunciar ante o administrador
HISTORIADORES
+1 # RE: Cartel da Festa do Carme 2013HISTORIADORES 04/06/2013 16:32
Son días revueltos para los políticos y la política en España, corrupción, escándalos, incapacidad, desvergüenza, irresponsabilid ad… todo se mezcla. Pero, lamentablemente , no es esto algo nuevo bajo el sol. Si no me creen, basta con que lean en los albores del siglo XIX el tráfico de influencias, el amiguismo y el arribismo ya estaban a la orden de día en la política, aunque en realidad en aquel tiempo política y realeza eran uno.
Responder | Denunciar ante o administrador
PARTIDOS POLITICOS
+1 # RE: Cartel da Festa do Carme 2013PARTIDOS POLITICOS 04/06/2013 16:38
Conocía Jesusito a una dama, maestra de su pueblo según parece, que estaba siendo acosada por el alcalde de la localidad con objetivos pocos decentes, ya me entienden.
-Así, el pintor le contó el caso a Manolito y le pidió que siendo el otro tan solo un alcalde y él un diputado, se hiciera valer y pusiera fin al abuso.
-¡Vaya cerdo! Debe ser un alcalde reaccionario. Déjemelo de mi cuenta, hablaré con el ministro Pepito
-Esta fue la respuesta del diputado en un primer momento, de la que hubo de retractarse después de un tiempo.
-No he podido hacer nada sobre el caso de aquella maestra. Resuelta que el alcalde es de nuestro partido.
-Como vemos, nada nuevo bajo el sol. Ya entonces imperaba esa forma de pensar tan partidista, nunca mejor dicho, en la que haga lo haga alguien, si es de los míos, bien hecho está.
Responder | Denunciar ante o administrador
POLOS EMIGRANTES
+2 # ASI CALQUERA,MENTIR EIROSPOLOS EMIGRANTES 04/06/2013 18:06
Mi pregunta es ¿contabilizan los emigrantes en el paro? no lo creo pues bien si esos señores vienen para aquí ¿cual es el paro real?va a ser que debemos ser tontos,veras como si que al final lo somos,ya bastante nos callamos cuando tenemos que oír la tontería de siempre que en Galicia hay menos paro que en otros lados ,llámense Andalucia o Extremadura...E tc,ser del PP debe de ser decir amen.estos incompetentes que traten de hacerlo bien ,va a ser muy difícil,al final son una casta de privilegiados (incluidos los de la oposición ,que aun son de lo peor)que quieren vivir a cuenta de nuestros impuestos,realm ente es para lo que valen,es que el dedo bien dirigido llega a dar mucho gusto y yo creo que alguno se lo debía poner donde la espalda pierde su nombre
Responder | Denunciar ante o administrador
Felices fiestas
+2 # RE: Cartel da Festa do Carme 2013Felices fiestas 04/06/2013 18:11
Ojala todos os emigrantes tivesen a dita de estar para ao Carmen nas súas casas e que as súas vacacións fosen o mais pracenteiras posibles ,é un desexo que quero compartir con todos eles ,de solidariedade e felicidade,boa sorte a todos ,as festas tal e como podes ver van ser explendidas este ano,con mais motivo serian si puidésedes vir vos
Responder | Denunciar ante o administrador