1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Lumarea da Vila, unha asociación para o disfrute dos camariñáns

¿Dispersar a capacidade artillería nun vasto campo de operacións ou ben concentrar toda a potencia de fogo nun só foco de impacto? Esto é, ¿múltiples e variadas lumareas ao longo de cada un dos distintos barrios dunha poboación ou ben unha soa xigantesca que aglutine a todo un pobo nun único epicentro volcánico? Esta derradeira parece ser a opción elexida pola Vila de Camariñas para que a través dunha encomienda á súa principal asociación incendiaria, Lumarea da Vila, se leve a cabo cada 23 de xuño a súa multitudinaria festividade de San Xoán. Unha pira de tais proporcións que posiblemente sexa a única de todos os contornos en ser albiscada dende os satélites da estratosfera exterior.

O conxunto de actuacións programadas un ano máis non pode deixar de sorprender polo seu abigarramento e gratuidade: dende as 20:00 da data en cuestión a Asociación Lumarea da Vila en vez de disparar contra o concello demandas a diestro e siniestro e deixarse mangonear políticamente, colabora co mesmo na organización do evento e ofrece a tódolos veciños da vila unha xigantesca sardiñada gratuita e a mellor música verbenera da man do Combo Dominicano e a Factory Disco Móvil. Antes porá a disposición dos máis pequenos hinchables e animacións musicais. Todo como preludio do devastador incendio que a partires da medianoite calcinará os ceos camariñáns e que extenderá a noite máis meiga do ano ata altas horas da madrugada. É de agradecer, visto no que lamentablemente se convertío parte do texido asociativo local. Xa o decía en tempos un colaborador desta casa: demasiados presidentes e (sobre todo) demasiados secretarios. Ex-secretarios tamén.

Un cartel completo e ilusionanante para o San Xoán camariñán do exercicio 2013

Comentarios   

NA NOITE DA SAN XOAN
+1 # RE: Cartel de Lumarea da Vila 2013NA NOITE DA SAN XOAN 30/05/2013 11:30
As raíces da celebración da Noite de San Xuan pérdense no tempo. Os nosos antepasados crían que o Sol estaba namorado da Terra e resistíase a abandonala. E por iso comezou a festexarse na última noite de primavera, ao redor do 24 de xuño, que é a máis curta do ano. A isto uníase a superstición de que ese día era o ideal para que fuxiran aos malos espíritos e atraer aos bos, así como para librar encantamentos de amor e fertilidad.
Responder | Denunciar ante o administrador
POIS ENTON
+1 # RE: Cartel de Lumarea da Vila 2013POIS ENTON 30/05/2013 11:53
En moitos pobos agora o costume é tirar todo aquilo que xa esta vello ou non serve para nada e si para queimar,reunind ose todos os veciños ao redor da larada ata o novo dia ,cantando bebendo comendo sardiñas ou cachelos,agora mesmo estanse rompendo en partes os costumes e con todo noutras van a mais ,están na Coruña reclamando que ese dia sexa festivo ,pois nas praias de Riazor e o Orzan non se cabe
Responder | Denunciar ante o administrador
NINGUEN QUER CALAR
+1 # RE: Cartel de Lumarea da Vila 2013NINGUEN QUER CALAR 30/05/2013 12:02
As borracheiras ás veces son de vinte estalos e arden as entrañas e outras cousas que non se poden comentar pero si imaxinar,todos fomos pícaros e creemos aínda nos reis meigos (a que si )ardelle ou eixo Manuela,imos saír de temas escabrosos onde ninguén nos vai a deixar dictar sentenzas e cantemos ,para dictar as sentenzas xa temos ao xulgado popular dun diario,isas triquilicua non arden? non non deben arder
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+2 # OLVEIRA permite la mentiraMoncho de Dios 30/05/2013 12:13
para ti verdad? decirche que si necesitas un psiquiatra pero dos bos, por moito que te revistas de verdad? ou de mentira? é fácil adivinar que eres o colaborador traidor do PP que traficas cos datos do pp para unha pagina socialista coa axuda dos teus queridos concejales do pp, eses sodes vos, eu leo.Por lo que se lee da a entender que soy yo,esto es totalmente mentira y que lo demuestre el sr Olveira ,yo en su pagina no quiero escribir y que no de a entender que estoy escribiendo,eso es mentira y no es mas que eso ,yo no soy la verdad ,ni hay otra verdad ni otra cosa ,lo siento por ti,pero estas equivocado,en lo que no estas equivocado es que escribo en la pagina de camariñas eu ,no en otras mierdas,tambien decirte que defiendo a los concejales no a otras personas que estan ganado el dinero a cuenta del sudor de las otras,pero no quiero entrar en matices que no me van ni quiero ,negar que yo escriba ahi
Responder | Denunciar ante o administrador
O PICO
+1 # RE: Cartel de Lumarea da Vila 2013O PICO 30/05/2013 12:21
Coa chegada do cristianismo, a Noite de San Xoan mantívose, pero perdeu o seu carácter máxico e adoptou un novo significado. Segundo os textos sagrados, Zacarías mandou acender unha larada para anunciar aos seus parentes o nacemento do seu fillo, Juan Bautista, que coincidía coa noite de solsticio de verán.
Para conmemorar esa data, os cristiáns do medievo acendían grandes laradas e celebraban diversos ritos ao seu ao redor. Neles sempre estaba presente o sinal da Cruz
Responder | Denunciar ante o administrador
VEN PARA ALEMANIA
+1 # PEPEVEN PARA ALEMANIA 30/05/2013 14:02
Alemania é o país que máis se preocupa polo futuro, segundo o último Índice de Orientación cara ao Futuro de 2012, unha escala creada por científicos da Universidade de Boston, o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e o University College de Londres. Analizando máis de 45 billóns de procuras realizadas en Google, descubriron que os alemáns son os que máis consultas achega do futuro.
Nós non temos mais futuro que o largarse coa maleta,agora xa o que nos toca estudar é a que país marchamos ,o claro pasa por ser o bastante intelixente para darnos de conta no país bananero que estamos vivindo
Responder | Denunciar ante o administrador
NOITE PECHADA
+2 # AAAAAAAUUUUUUUU UNOITE PECHADA 30/05/2013 14:10
Isa pra min si que é unha boa noite,sera das poucas que non é noite pechada como aúllan os lobos e como lle brillan debe ser o alcohol,non nos fai falla focos xa vemos dabondo isa noite nadita nos fai dano,vou pasalo ben como todos os anos *aaaaaauuuuuu
Responder | Denunciar ante o administrador