Un temporal de mar, chuvia e frío en Reira

Cando arrecia un forte temporal, Reira aínda está máis fermosa que nunca
Cando arrecia un forte temporal, Reira aínda está máis fermosa que nunca

Os redactores de camarinas.eu achegáronse na tarde deste sábado 12 de xaneiro ata a nosa querida Reira coa sana e lúdica intención de sacar unhas fotos complementarias para os Camariñas Beauty atrasados, unhas fotos que farán que vos chupedes os dedos, pero o temporal que alí atopamos dificultou sobremaneira o noso propósito de inmortalizar a estas dúas deusas da beleza. Pero eso sí, asistimos ao espectáculo inigualable dun temporal de mar, chuvia e frío en Reira, posiblemente o conxunto de praias e paisaxes máis fermoso do mundo.
Para ver a noticia enteira pulsa na foto.

O temporal tirou ao mar coa "casetiña do amor"

As parellas de enamorados terán que buscar un novo nido de amor tralo colapso da casetiña
As parellas de enamorados terán que buscar un novo nido de amor tralo colapso da casetiña

Unha vez que a expedición fotográfica de camarinas.eu chegou a Reira, alí atopámonos con algúns vellos coñecidos como o "Ruso da Aldea" que estaba a traballar duramente na recollida selectiva de herba para darlle de comer ao seu burro, e tamén a un fiel usuario que rexenta xunto á súa muller o café-bar "O Arnela", un dos bares de cabeceira dos redactores desta web, é decir, Juan de Penedo, e alí poidemos ver como o temporal tirara coa casetiña de madeira que o Ministerio de Medio Ambiente puxera xusto enriba da Praia Grande para dar información aos turístas durante o verán, e que unha vez que pasou a estar en desuso converteuse nun nido de amor, nun refuxio para parellas de enamorados que, a falta de algo mellor, alí se acurrucaban para desfrutar do seu amor furtivo ao son do mar, En fin, a casetiña deixounos. Vino como se fue: Sin pena ni gloria.

P.D: Bueno, como podedes ver, as noticias están sendo un pouco penosas...aquí non queremos enganar a nadie, non queremos vendervos ningunha moto. A verdade é que estas noticias son bastante chorras pero, ¿que queredes? de algo haí que falar. O caso é que tiñamos unha boa foto e había que buscar unha excusa para publicala. Agora sí, se queredes unha boa ración de política para eso xa hai outras páxinas. En todo caso, gracias por seguir ahí nos malos tempos. Un saúdo e un forte abrazo a todos os nosos usuarios: sodes o mellor desta páxina!

 

Comentarios   

IsaM
0 # Solo ver a foto de Reira dame morriña..IsaM 12/01/2008 23:32
Madre mia que sitio tan bonito... Entre esto e a Ensenada da Praia de Trece dame ganas de volver correndo de Suiza !

Pon mais fotos destas porfa ! Non imagixinas canto o poñemos de menos por aqui en Suiza !

Saludos a todos / as
Responder | Denunciar ante o administrador
tistostis
0 # agradecimentotistostis 13/01/2008 12:51
Agradezcoche que de vez en cando publiques fotos coma estas.A verdade é que facia un montón de anos que non vira Reira con ese espumarallo, tan fermosa.Os que estamos fora, sentimos algo especial o ver a maravilla que se pode disfrutar desa TERRA.Sinto o da caseta pero é o tributo que hai que pagar de vez en cando a Natureza, e tamén sinto que si alguén disfrutaba dela para os seus escarceos amorosos,agora non o poidan facer, pero para estes menesteres sempre Dios dá.
Un saudo a tod@s que entrades nesta páxina
Xoan
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
0 # reira 13/01/2008 13:43
esto e unha das cousas mas bellas e estupendas que ten o noso fermoso pobo esto non se encontra in ningun sitio si se quere ver temos que estar ahi na terriña ou tamen sera o seo fermoso nombre que tira aljo bueno eres o maximo diego estas en todo saludiños pa todos reira movil jajajjaj
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 14/01/2008 19:24
Preciosa estampa de encaixes de espuma
Responder | Denunciar ante o administrador