1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Momento no que se desembarca o corpo sen vida achado en Touriñán

A noticia saltaba preto do mediodía camariñán cando se filtraba que na zona de Cabo Touriñán fora localizado flotando sobre as augas un corpo sen vida. Desplazada de inmediato ata o lugar do suceso a embarcación de rescate con base en Camariñas Salvamar Altair, procedía a izalo a bordo e ao seu posterior traslado ao porto da Vila das Palilleiras. Chegaba preto das 12:00 da mañán deste desapacible e frío domingo 19 de maio. Desembarcado o cadáver no Muelle Novo, efectivos da Salvamar e da Guardia Civil transportaban nunha bolsa negra os restos mortais ata a Lonxa. Se ben nun primeiro momento descoñecíase no porto camariñán a identidade do falecido, posteriormente puidemos saber que se trataba dun veciño de Carballo, de 41 anos e nome Manolo, que en compañía dun amigo estaba a pescar nas inmediacións do Campo de fútbol de Muxía, cando tras resbalar nunhas pedras se precipitou ás augas, dando o aviso inmediatamente da desaparición o seu compañeiro de pesca deportiva, o cal pasadas ás 13:00 horas presentábase na rula camariñana para identificar o cadáver.

Deste xeito arroxábase luz sobre a identidade do falecido xa que en datas recentes varios foran os corpos sen vida que foran aparecendo regularmente ao longo do litoral galego sen que se puidera esclarecer a identidade dos mesmos. Neste sentido nunha das praias da parroquia de San Vicente, no Concello de O Grove, aparecía na tarde dun domingo do mes de abril o corpo sen vida dun varón de mediana idade que tivo finalmente que ser enterrado nunha tumba anónima do cemiterio municipal, correndo o Concello cos gastos do enterro dado que ninguén logrou identificalo nin reclamou os seus restos. En todo caso aquí en Camarinas.eu seguiremos trala pista desta noticia de alcance que sorprendía á vila de Camariñas na mañán deste triste e gris domingo primaveral e en canto teñamos maior información  así a faremos chear aos nosos lectores.

Comentarios   

Moncho de Dios
+3 # RE: Desembarcan un afogado en CamariñasMoncho de Dios 19/05/2013 20:29
Hay muchas formas de morir,pero no es la mas apropiada el ir con intencion de pasar un dia tranquilo y descansando de todos los problemas que nos da la vida para encontrarnos con estos tristes finales ,no lo conozco de nada ,pero que Dios se apiade de el
Responder | Denunciar ante o administrador