1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Buría de loito polo falecemento do Señor Francisco Rodríguez CanosaNa mañán deste sábado 20 de abril de 2013 falecía no Hospital Universitario da Coruña o Señor Francisco Rodríguez Canosa. Estivo a súa vida, conforme ás leis clásicas que rexen dende sempre a existencia do máis antigo dos distritos de Camariñas, adicada cáseque a partes iguais ao mar e á terra: primeiro como traballador daquelas tarrafas que nun tempo, agora esvaecido e estrano, dominaron a nosa Ría e despois como esforzado labrador do fértil chan burián. Actualmente están sendo velados os seus restos mortais no Tanatorio Costa de Vimianzo e o funeral de corpo presente que o despida deste mundo terá lugar na ancestral Igrexa Parroquial do seu fogar de toda a vida, ese pequeno anaco de terra patria chamado Buría, a partires das 18:00 deste domingo 21 de abril. Dende Camarinas.eu queremos enviar un abrazo agarimoso e o noso máis sentido pésame aos seus amigos e familiares, en especial aos seus catro fillos e a nosa querida amiga, súa nora, a concelleira María del Carmen Linares Chica, nestes duros momentos que sabemos están a pasar. Señor Francisco Rodríguez Canosa, Descanse En Paz.

Engadir un comentario