- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 10 Xaneiro 2008 10 Xaneiro 2008
A denominada "curva de la muerte" xa está en mans dos técnicos da COTOP

Imaxe de arquivo dun dos accidentes na curva do Grifo
Despois de duras investigacións por parte dos reporteiros de camarinas.eu conseguimos poñernos en contacto con responsables do Concello de Camariñas e preguntarlles polo tema dos consecutivos accidentes que se están a producir na curva do Grifo, antes da Baldomera, e agora xa denominada "Curva de la Muerte".
Os representantes do Concello estiveron en conversacións cos responsables de mantemento deste tramo de carretera que pertence á COTOP xa hai máis de dúas semanas. Dito organismo dependente da Xunta de Galicia enviou a técnicos cualificados para tratar de detectar posibles erros e buscar solucións a tanto accidente en tan pouco tempo, un auténtico misterio insondable. O Concello, de momento e mentras os técnicos da COTOP non atopen a solución, recomenda que se circule por ese tramo de carretera que está situado en frente da casa de Chuco "O Grifo" a unha velocidade reducida de 30 km/h para evitar posibles accidentes.
Comentarios
Para mín de sempre foi a curva da Baldomera de toda a vida, pero claro, os tempos modernos exigen que se chame "curva do Grifo", ok, todo sea polo modernismo e o avance tecnolóxigo.
Tamén me sumo a o saudo de Mikel dirixido a Manolo o caroliño que se vé moi fotoxénico co chaleco reflectante.
Xa pensei que tiña que suceder algún accidente moito máis grave para que fixeran algo.
Creo que vos pasastedes co da curva da morte, xa que grazas a Deus non morreu ninguén.
Viva a Costa da Morte
Hice algo malo?. Es algun delito o es que sois sectarios?. Saludos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.