Jaime Rey Alvite, segunda víctima dun cancro no mesmo día en CamariñasNo mesmo día, o primeiro venres do mes de abril de 2013, unha mesma plaga, unha fatal enfermidade, o gran mal do noso tempo, levouse a dous dos veciños de Camariñas, tres na mesma semana, víctimas dun cancro mortal. Se nas primeiras horas do día era Benjamín Pasantes Tedín o que falecía nun hospital coruñés, non moito despois, voltaba a teñirse de loito a Vila das Palilleiras cunha nova familia destrozada debido ao falecemento de Jaime Rey Alvite. Veciño do barrio de Buría, emigrante retornado tras media vida traballando duramente en Suiza ata que hai uns cantos anos voltaba ao seu pobo natal xunto a súa esposa e á súa filla, finalmente foi un cancro o que o levou á edade de 58 anos.  No que está chamado a quedar para os anales como un triste sábado do mes de abril do ano do Noso Señor de 2013, o seu funeral de corpo presente está previsto que teña lugar a partir das 17:30 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo da súa Buría da alma, dúas horas despois do que despida definitivamente a Benjamín. Ánimo e as máis sinceiras condolencias á familia, á esposa e filla, ao noso gran amigo e seu cuñado Argimiro, así como a todos os seus amigos. Don Jaime Rey Alvite, Descanse En Paz.

Engadir un comentario