- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 19 Marzo 2013 19 Marzo 2013

En efecto, foi no brevisímo interin de achegarse ata o Club Náutico para tomar un aperitivo cun amigo recén chegado do seu dorado exilio sureño, cando ao voltar pola tenda sita na Rúa Tras Plaza para deixar unha cámara Diego Alonso Freire comprobaba con estupor como nesa escasa media hora alguén, non se sabe quén, intentara forzar a entrada ao seu negocio ata por tres puntos distintos da porta do negocio. Na memoria quedaban intentonas de asalto a este mesmo negocio particular precedentes, que máis ou menos nestas datas cumpren o primeiro aniversario naviero. Especialmente chamativo era o rastro que deixara a forza exercida á altura do pecho: foi únicamente a robustez da porta a que frustrou que a tentativa acadara o seu fin. Ante tal estado de cousas e tras facer un pequeno percorrido polos arredores por si aínda se podía atopar algún pequeno rastro do asalto, Diego procedía a poñer o suceso en coñecemento da Guardia Civil e case de inmediato unha dotación da Benemérita facía acto de presencia no lugar de autos e constataba o intento de asalto, tomaba unhas imaxes e recomendaba interpoñer a correspondente denuncia, a cal acabábase finalmente interpoñendo no Cuartel de Camariñas na mañán deste martes.
Días estranos, febriles, os que se viven en Camariñas dun tempo a esta parte, onde escándalos de todo tipo e de toda indecencia e desvergonza se suceden cáseque sen parar. Nesta inacabable ruleta rusa do esperpento desta volta a diana acabou apuntando a un pequeno negocio familiar situado en pleno centro urbán dunha vila, asaltado en horario de regular e cotidiana asistencia, nesas horas nas que aínda ninguén durme e a oscuridade non é a dona das sombras. Un acontecemento que non deixa de estranar, dado o suicida, o desquiciado, o terminal da tentativa perpetrada. Días incertos e incalificables, que parecen non acontecer en ningún outro lugar nin tempo. Esperemos que o seu fin esté cerca.
Comentarios
CAJALLIÑAS ROMPESTES A CACHOLA COMO SEMPRE CLARO,AVUR EMILI
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.