Panorama e Olympus enchen o Polideportivo Municipal

Así de concurrida estaba a festa do CB Camariñas este sábado
Así de concurrida estaba a festa do CB Camariñas este sábado

Este sábado 29 de decembro o Club Balonmán Camariñas celebrou a súa festa anual no polideportivo de Camariñas na que actuaron dúas das mellores orquestras de Galicia: Panorama e Olympus. É de destacar o ambientazo que alí se vivío, con xente que non podía parar de bailar, acádandose según os organizadores unha entrada próxima ás 1.300 persoas. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha galería de fotos.

Segundo fontes da directiva o número de entradas vendidas acadou unha cifra próxima ás 1300 conseguindo polo tanto unha importante cantidade que supoña unha pequena axuda coa que financiar os gastos do clube de balonmán máis importante da Costa da Morte. Así, todos os que onte se achegasen ao polideportivo poideron comprobar que éste estaba completamente cheo con xente de tódalas idades que bailaba ao son de dúas orquestras de primeiro nivel ,con persoas incluso nas gradas e cunha cantina na que o ambiente cubateril botaba lume.

É de subliñar que a festa, que estaba previsto o seu inicio para ás once da noite, coincidía con outro importante evento social do noso pobo: a Cea Oficial Fin de Ano de camarinas.eu, a cal comezou pasadas ás 9 da noite. Por iso unha vez rematada a cea dos usuarios e amigos da web máis visitada da Costa da Morte, a gran maioría dos asistentes á mesma acudiron ao pavillón municipal para darlle uns bailoteos e achicar un par de cubatiñas na cantina improvisada que estaba instalada nun dos laterais do pavillón.

En resumen, a festa foi todo un éxito de público e as orquestras soaron impecables, a organización do evento pola directiva do CB Camariñas foi caseque perfecta (non ao estilo camarinas.eu é dicir, destartalamiento puro), a xente estivo a bailar ata as 5 da mañán hora na que se puxo fin a festa, e tal e como poidemos comprobar este sábado 29 de decembro, o pobo de Camariñas estivo de festa en festa. O seu estado natural.

Pulsa aquí para ver as fotos

Comentarios   

jesus
0 # eu estuven alijesus 30/12/2007 20:36
eu estuben ali e paseyno en grande pensey quenonoiba pasar tan ven e eso que estuven apunto de non ir un saludo de jesus
Responder | Denunciar ante o administrador