Toda Camariñas debe estar apoiando á familia de Pepe O Mantido nestes duros momentosA traxedia máis absoluta golpeaba duramente á familia de José Perez, coñecido popular e cariñosamente en toda a Costa da Morte como Pepe O Mantido, cando debido a un accidente falecía a súa filla Lorenza nas primeiras horas deste martes 12 de febreiro. Producíase este desgraciado golpe de mala sorte preto das 21.00 horas do luns e tras ser trasladada de urxencia ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, pouco podían facer os facultativos e así cara ás 2 da madrugada certificaban o seu falecemento. Unha noticia que conmocionaba a todo o Concello de Camariñas e afectaba moi duramente a esta redacción xa que estamos a falar dunha familia moi querida e respetada e que dende que se asentou de xeito definitivo no Barrio de Corea hai xa varias décadas contribuío decisivamente a crear riqueza e postos de traballos en Camariñas a través da empresa de construcción comandada primeiro por Pepe O Mantido e despois polo seu xenro Jose Antonio.

Falecía Lorenza aos seus 53 anos e deixa un fillo, Javier, gran rapaz, gran amigo desta redacción, ao que queremos enviar un saúdo afectuoso e darlle o noso máis sinceiro pésame, aínda que sabemos que nada poderá mitigar a súa inmensa pena e a súa inacabable dor. Como a dos seus avós, esas dúas lendas vivintes que son Pepe e Gloria, a dos seus tíos Maruja e Jose Antonio e a dos seus primos Adriana e Martín. Cébase sen merecelo a desgracia nunha familia traballadora, querida e respetada. Os restos mortais de Lorenza estan sendo velados no Tanatorio Costa de Vimianzo, de onde partirán cara a Carnés para recibir o seu repouso definitivo nun funeral que terá lugar a partir das 17:30 horas deste mércores 13 de febreiro. Nestes aciagos momentos toda Camariñas debe estar compartindo a dor desta familia que tanto ben fixo polo noso pobo e mostrándolles o seu apoio e cariño máis sinceiros. Como o fai esta redacción, sinceiramente afectada por esta desgracia inxusta. Lorenza Pérez Ferrín, que Deus che teña na súa gloria. Descansa En Paz.

Comentarios   

zhúkov
+7 # RE: Lorenza Pérez Ferrín D.E.P.zhúkov 12/02/2013 20:19
No nome da Familia Vázquez Campaña quero enviar dende O Grove a toda a familia de Pepe O Mantido o noso máis sinceiro pésame e o noso apoio máis absoluto por esta desgracia. Ánimo e a seguir adiante. D.E.P.
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+8 # RE: Lorenza Pérez Ferrín D.E.P.jose de marta 12/02/2013 20:53
Queria darlle o meu mais sentido pesame a toda a famlia de señora gloria e o Mantido por esta gran perdidaD.E.P e Dios a teña na gloria.
Responder | Denunciar ante o administrador
Jose Manuel Souto
+8 # Lorenza Pérez Ferrín D.E.P.Jose Manuel Souto 13/02/2013 00:29
En estos momentos tan dificiles, quero enviarlle o meu mais sincero pesame a toda a familia de Pepe O Mantido.
Descansa en Paz Lorenza.
Responder | Denunciar ante o administrador
corvo
+6 # RE: Lorenza Pérez Ferrín D.E.P.corvo 13/02/2013 05:55
O noso mais sentido pesame a familia de PEPE DO MANTIDO.
D E P LORENZA
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+6 # RE: Lorenza Pérez Ferrín D.E.P.diegoalfr 13/02/2013 10:07
No meu nome e no nome da miña familia quero dar as miñas condolencias e todo o meu apoio á familia de Sita. Pero especialmente dar moitos ánimos ao seu fillo Javi, aos seus pais Pepe e Gloria, a súa irmán Maruja, José Antonio, Adriana e Martín. Sita DEP.
Responder | Denunciar ante o administrador
cereixo
+2 # lita do mantidocereixo 13/02/2013 13:40
para a miña querida amiga lita a cal ace moitos anos que non nos vemos pero gardo un recordo moi bonito hoxe séntome moi triste coa túa morte nunca esquecer algúns bos momentos vividos eras alegre e moi divertida nunca pense cos teus 53 igual que eu que este triste final pasáseche ati un bico forte atu fillo e famili o meu mais sincero pesame
Responder | Denunciar ante o administrador
Stella
+3 # RE: Lorenza Pérez Ferrín D.E.P.Stella 15/02/2013 16:13
Yo la conocí en el colegio Cristo Rey y era una gran persona y muy buena.En mi nombre ,y en el de ex-alumnas del colegio con las que mantengo contacto le damos nuestras condolencias a la familia.
D.E.P. SITA!
Responder | Denunciar ante o administrador
Stella
+3 # RE: Lorenza Pérez Ferrín D.E.P.Stella 15/02/2013 17:05
Diego ,comparto esta noticia en el grupo Alumnas Cristo Rey.Aunque en el grupo ,la mayoría somos más jóvenes,y muchas no recuerden su cara,honraremos su memoria recordándola en una oración.Sita D.E.P.
Responder | Denunciar ante o administrador