Tráxico fin de semana con dous falecementos en Camariñas

A morte voltouse facer forte en Camariñas nun tráxico fin de semana no que ata dos falecementos de veciños da vila se producían cun diferencia de apenas unhas poucas horas. Tras o noso querido e apreciado amigo Jacinto Campaña Lista, tocoulle o turno á Dona Josefa García Ozón. Casada en vida con Señor Alejandro, un histórico do socialismo camariñán, veciña de toda a vida da Rúa do Medio, en pleno casco histórico camariñán, nembargantes a súa última hora tocoulle vivila na cidade da Coruña onde residía xunto á súa filla Milagros. Falecía a unha idade avanzada Señora Josefa, con 94 anos e pasa a engrosar esa nutrida lista de maiores camariñáns que están a desaparecer dun xeito continuo e demoledor, sen folgo para un respiro nestes últimos días, con todas unha bagaxes de experiencia e sabiduría sobre a vida que desaparecen da historia dunha vila remota. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sentido pésame por esta nova veciña que falece a unha idade lonxeva. O seu enterro terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:30 horas deste luns 4 de febreiro de 2013. Dª. Josefa García Ozón Descanse En Paz.

Comentarios   

Beldoña
+2 # RE: Josefa García Ozón D.E.P.Beldoña 04/02/2013 16:14
Eu non podo asistir ao enterro da SEÑORA JOSEFA, malia todo, alí estarei con un rezo pola súa alma, lonxe, dende a miña casa.
Unha aperta, ALEJANDRO, e, outra pa ti, MILAGROS, amigos dende a miña infancia.
DESCANSE EN PAZ A VOSA NAI.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador