- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 06 Xaneiro 2013 06 Xaneiro 2013
Por algunha estrana coincidencia do destino este ano de 2013 iniciouse en Camariñas con ata dous Días de Reis. O primeiro, cando na media tarde do venres 4 de xaneiro, por medio dunha exclusiva de Camarinas.eu, os máis de 200 socios do Club Náutico de Camariñas recibían o regalo tan longamente ansiado ao longo dunha travesía infernal: o desahucio xudicial definitivo dos okupas que mantiveron secuestradas pola forza as instalacións durante 364 días; o segundo, o tradicional e festivo 6 de xaneiro, data que como non podía ser menos tiña na xornada da súa víspera a cabalgata oficial dos Reis Magos.
Uns Monarcas Orientais que viñan polo tanto neste ano que recén comenzaba plenos de regalos para os veciños do Concello de Camariñas, ben fora en forma de autos xudiciais inapelables e demoledores de expulsión de caraduras desvergonzados hosteleros e das súas tan problemáticas e derrotadas familias, ben fora mediante todo un mundo de caramelos e xoguetes de todas as cores e formas cos que solazar a alma infantil dos nosos pequenos. As familias camariñanas esquivan a crise e déixanse a alma nos regalos dos pequenos da casa.
Outro que regatea na medida das súas posibilidades é o propio Concello que un ano máis programa unha ruta real que non deixa sen tocar nen unha das parroquias municipais e que conta por vez primeira, por aquelo de economizar, cun hombre-orquesta que optimiza nunha soa factura servizos musicais variados e diversos. Todo elo baixo un serio e férreo dispositivo do Voluntariado de Protección Civil co que evitar dramas indesexados como o que a aquelas mesmas horas tiña lugar na meridional cidade de Málaga.
Así, baixo o signo da tranquilidade e da felicidade, da reposición da legalidade flagrantemente vulnerada e da chuvia de caramelos, foi o que nos días iniciais do Ano do Noso Señor de 2013 os Reis Magos trouxeron en dúas cabalgatas orientais consecutivas un océano de presentes a Camariñas. Dende humillantes autos de desahucio ata xoguetes e doces de tódalas formas e cores.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.