Chegan as primeiras axudas do PEL Reactiva

Chegan as primeiras axudas do PEL Reactiva

O PEL Reactiva é un plan de axudas económicas destinadas aos autónomos e microempresas que se viron afectados pola declaración do Estado de Alarma durante o ano 2020. Cofinanciado pola Deputación da Coruña, o seu propósito é o de axudar a estes pequenos negocios subvencionando a compra de elementos como o material desinfectante e limpeza, seguros de abastecementos, adquisición de pantallas, arrendamento de locais, maquinaria... ...
O Concello de Camariñas estuda un convenio con Correos para o "Mercamariñas"

O Concello de Camariñas estuda un convenio con Correos para o "Mercamariñas"

Dende o Concello de Camariñas estase a estudar un convenio de colaboración con Correos para ofrecer tarifas especiais e outros beneficios nos envíos das tendas adheridas ao “Mercamariñas”. ...
Comezan as titorías do MerCamariñas

Comezan as titorías do MerCamariñas

Esta semana comezaron as titorías presenciais nas tendas adheridas ao “MerCamariñas”, proxecto que xorde dende o Concello de Camariñas para axudar ao comercio local a adaptarse a venta online mediante unha central no dominio web www.mercamarinas.com. ...
Propostas do pleno deste Venres 26 de Marzo

Propostas do pleno deste Venres 26 de Marzo

Neste vindeiro venres 26 de Marzo o Concello de Camariñas celebrará un pleno cuxas propostas se centran principalmente na hostalaría e postos ambulantes. Por un lado, coa proposta de derrogación das taxas que teñen que pagar os hostaleiros polas súas terrazas que ocupen terreo público (a cal xa está suspendida dende Maio do 2020) e por outro a referida a de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas tamén en terreo público. O obxectivo en ambos casos é o de mitigar o impacto que está a supoñer a crise sanitaria orixinada pola COVID-19 e á súa vez fomentar e tratar de impulsar o desenvolvemento destas actividades económicas. Outros asuntos do pleno Na sesión plenaria tamén se inclúen na orde do día: a creación da praza de tesoureiro como habilitado nacional, o incremento retributivo do 0,9% previsto para o persoal funcionario como o laboral e unha emenda de deficiencias do acordo plenario de data 29-01-2021 de participación no Plan Único 2021 Plan. ...
O proxecto “Mercamariñas” xa conta cos seus primeiros participantes.

O proxecto “Mercamariñas” xa conta cos seus primeiros participantes.

A plataforma “Mercamariñas” do Concello de Camariñas pretende adaptar aos comerciantes locais ao mundo da compra/venda a través de internet. Funcionará a xeito de centro comercial virtual a través do dominio www.mercamarinas.com onde se poderán atopar todos os establecementos do municipio que participen na iniciativa. ...