1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Os roubos en Camariñas parecen non ter fin, desta volta tocoulle ao CEIP O ArealTendo en conta que a oleada de saqueos que sufre o noso concello xa por dúas veces fixara os seus bandidescos obxectivos nun inmoble das cercanías, a escola infantil, no fondo si un o pensa detidamente era cuestión de tempo que o CEIP O Areal non tardara en ser desvalixado. Elo aconteceu xusto no meridiano da seman máis tormentosa (no climático e no político) que se lembre. Foi na madugrada deste xoves 13 de decembro de 2012 cando un/varios descoñecidos  (frase esta xa tan lamentablemente repetida en Camarinas.eu) introduxéronse por unha ventana do emblemático centro escolar camariñán cunhas intencións non moi boas.

A meta desta nova incursión vikinga estaba na Secretaría, non na do PP (que ahí pouco metálico ían a sacar) senón do colexio, onde tras romper a porta, lograron roubar uns 500 euros que o centro tiña destinados para excursións ou eventos sociais e lúdicos. Tristes afáns e esforzos os daqueles que poden deixar a chavalería camariñana sen unha excursión de fin de curso. Un botín sustraído que moi seriamente desconfiamos se destine a aplacar a fame, a sede e o frío dunha familia azoutada pola crise e si, nembargantes, ao saciamento de vicios variados, nos que non se descarta probablemente a inxesta de sustancias dopantes. Nestes casos nin siquera lle queda a un a esperanza e o consolo daquela frase tan socorrida á que acuden os políticos cando calqueira drama de forte impacto social poñe a temblar o seu instinto de supervivencia política ("Que todo el peso de la ley caiga sobre los culpables") ¿Qué peso? ¿Qué Lei? Leve, lixeira como unha pluma...

Comentarios   

Moncho de Dios
+2 # RE: O Areal víctima dun novo rouboMoncho de Dios 14/12/2012 18:59
La situación de nuestro país no es buena,los vicios son malas costumbres adquiridas difíciles de dejar,los consejos siempre son mas fáciles de decir que de cumplir,pero nos vienen horas de gran solidaridad entre todos,juntos podremos salir haciendo los deberes bien ,separados mal lo vamos a pasar,no tires con nada que le pueda valer a tu vecino,si te sobra algo compártelo,en estas navidades gasta un poquito menos en regalos superfluos y compra un poco de comida para el vecino que veas necesitado
Responder | Denunciar ante o administrador