Un dos mellores futbolistas da historia da Costa da Morte, fuise este mércores 28 de novembroConmoción e gran tristeza no fútbol da Costa da Morte: un dos mellores xogadores que correu polo seus campos, un extremo todo talento e habilidade, dos de antes, daqueles que xogaban pegados á cal, Luis Campaña Carril "O Cotiño", falecía na tarde deste desapacible e tormentoso mércores 28 de novembro de 2012. Facíao tras unha longa e fatal enfermedade no Hospital Comarcal de Cee aos seus 48 anos e rodeado do cariño dos seus, o da súa nai Sofía, das súas irmáns, do seu fillo Bieito, talentosa promesa do fútbol como o seu pai, que non se separaron desta lenda do deporte nin un só momento durante a súa triste agonía.

Non tivo unha vida fácil o noso amigo Luis, compañeiro de partidos no Café Bar Arnela, onde os redactores que o presente subscriben sempre escuitaban con respeto e atención a súa opinión autorizada e sabia sobre asuntos futboleros a cal non perdía nin cando contemplaba nervioso e ilusionado os partidos do seu amado Barça. A pesares de nacer cunha pequena discapacidade no seu brazo esquerdo superaba con tesón a adversidade e convertíase nun dos xogadores clave da década dos 80 na Costa da Morte: un futbolista cunha impronta especial, ca habilidade propia dun xogador formado na esixente academia de luita futbolera do Barrio do Corea e xa dende xuvenil deslumbraba a aqueles que conformaban o mellor equipo senior da historia do FC Camariñas, os Jamela, Pichurri, Juan do Penedo, Manolo O Panadeiro, Camuel, etc... Unha vez abandoado o fútbol, a desgracia asestaba a Luis a maior traxedia da súa vida cando hai sete anos a súa esposa Belén Pasantes Castiñeira falecía aínda xoven víctima dun cancro fatal.

Este mesmo martes o seu primo Juanillo, redactor xefe dos Deportes de Camarinas.eu, advertía a toda Camariñas sobre o seu grave estado de saúde e unha avalancha de ánimos e bos desexos descenderon sobre uns familiares que se desvivían por estar ao seu carón durante os momentos nos que Luis xogaba o partido máis importante da súa vida. Nembargantes esa é unha batalla da que, nun momento ou outro, todos hemos de saír perdedores. Luis Campaña Carril O Cotiño facíao na tarde dun chuvioso día de inverno, alá a finais de novembro, momento no que falecía aquel habilidoso extremo esquerdo do que se lembraba con admiración nas súas memorias o mesmísimo Francisco González Pérez, Fran, un dos catro ou cinco mellores futbolistas galegos da historia, proba evidente da calidade e talento dun dos grandes iconos futbolísticos da década dos 80 en Camariñas. Os seus restos mortais serán velados non no Estadio Hermanas Patiño, alí onde tantas tardes de gloria brindou a unha aficción e ao seu pobo da alma, senón no Tanatorio Costa de Vimianzo. Ás 16:00 horas sairán os seus restos mortais no derradeiro viaxe cara súa vila natal e as 16:30 comenzará o enterro. Ánimo, forza e o noso pésame á súa familia, tan cercana a nós durante todos estos anos no Café Bar Arnela. Luis, amigo, todo o que xunto a ti aprendimos no bar paradigmático de Corea estará con nos mentras vivamos. Que Deus che teña na súa bendita Gloria. Descansa En Paz. Se pode ser, cun balón de fútbol ao teu carón.

Comentarios   

jose de marta
+11 # RE: Luis Campaña Carril D.E.P.jose de marta 28/11/2012 20:52
D.E.P e dios che teña na gloria Luis,tantos recuerdos teus me quedan e todos bos,gran amigo,gran persona e mellor futbolista,e o ,mismo tempo quero darlle o pesame a toda a familia nestes duros momentos.D.E.P LUIS.
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
+6 # RE: Luis Campaña Carril D.E.P.zhúkov 28/11/2012 20:56
Bueno, foise unha boa persoa, da que gardarei un gran recordo das miñas épocas no Arnela. Falabas con el de fútbol e dende o respeto aínda que foras do Madrid sempre daba unha opinión intelixente, propia de alguén experto en fútbol. En fin, e aínda que mañán non poida estar físicamente no enterro desexo enviarlle polo menos o meu máis sinceiro pésame á súa familia. Luis amigo descansa en paz.
Responder | Denunciar ante o administrador
Lusesita
+7 # RE: Luis Campaña Carril D.E.P.Lusesita 28/11/2012 21:04
D.E.P LUIS DIOS CHE TEÑA NA GLORIA! O MEU SENTIDO PESAME A TODA A FAMILIA!
Responder | Denunciar ante o administrador
moncho de dios
+7 # RE: Luis Campaña Carril D.E.P.moncho de dios 28/11/2012 21:04
Tenemos en nuestra familia un buen recuerdo tuyo,de cuando mi hijo Ruben jugaba en el Camariñas,siemp re lo trataste con mucho cariño, un pesame a tu familia y D.E.P. Luis
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+7 # RE: Luis Campaña Carril D.E.P.Beldoña 28/11/2012 21:06
Yo, que en un principio, le estaba felicitando al desconocer su enfermedad, y, luego, le daba ánimos para enfrentarse a ella.Una vez conocida, nunca creí que fuese de tal gravedad.
Ahora,mis ánimos y alientos tienen que ser para su familia y para todos sus amigos. Y, para él, ya, UN DESCANSE EN PAZ, AMIGO.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
J.R.Torres Exposito
+7 # R.I.P.J.R.Torres Exposito 28/11/2012 21:10
Siento la pérdida de mi vecino, y desde Santiago, aprovecho este foro para expresar mis condolencias a su familia.
Responder | Denunciar ante o administrador
diablo
+7 # CONDOLENCIASdiablo 28/11/2012 21:25
desde o meu mais sentido pesame a familia..
al amanecer cerrastes tus ojos a la vida que te vio nacer cual capulo en flr desprendido del sublime y divino amor. con tu partida dejaste mi alma tan vacia añorando momentos que se han ido en torbellinos de hermosos recuerdos de tu vida y
la mia. A cada instante resurge tu recuerdo en mi memoria,cuando aquellos dias jugueteabas y sonreias sin imaginar que tan pronto tu te irias de nuestras vidas. Te encuentro en la brisa de la mañana, en el trineo de los pajarillos y en el aroma de las flores que pintann mil colores. Tencuentro en el agua fugaz de un rio que arrastran las piedras al vacio y en el lucero de la noche que ilumina esta cruel melancolia. Viviras todos los dias en este corazon que no te olvida ............... .......
jamas olvideremos aquelas partidas no gaviota aquelas tardes..dende aqui mandarte un abrazo meu e de mary ...asta siempre amigo nunca te olvidaremos
Responder | Denunciar ante o administrador
antonio o cantante
+6 # d.e.p. luisantonio o cantante 29/11/2012 01:34
D.e.p. Luis ,que dios che teña na gloria .un apoyo a toda a familia ,en especial a meu tío o Jordo
Responder | Denunciar ante o administrador
Emiliano Mouzo
+5 # Unha tristezaEmiliano Mouzo 29/11/2012 08:50
Un dos xogadores máis hábiles e listos que vin nun campo de fútbo, e mellor persona. Amigo "Cotiño" descansa en paz, e para súa familia un forte abrazo
Responder | Denunciar ante o administrador
rafael lema
+5 # boa persoarafael lema 29/11/2012 10:05
un gran xogador, mellor persona, e parente meu. DEP
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+6 # RE: Luis Campaña Carril D.E.P.diegoalfr 29/11/2012 10:24
Descansa e Paz Cotiño. Vamos vos de falar de futbol neste ultimo mundial q desfrutamos ca nosa España. Agora poderas estar coa tua Belén, como sempre me decías cando fumábamos un pitillo nos descansos dos partidos. Xa nos veremos amigo. O meus máis sinceiro pésame a toda a familia de Luis especialmente a súa nai Sofía, o seu fillo Bieito, a todos os seus irmáns así como tamén a todos os seus primos como Gelinita e Juan de Penedo que o querían muito. E tamén dar o pésame a todas as súas cuñadas (Lisa, Barca, etc..)DEP.
Responder | Denunciar ante o administrador
Patrimen
+7 # RE: Luis Campaña Carril D.E.P.Patrimen 29/11/2012 13:36
Nuestro mas sentido pésame a toda la familia, descanse en paz,
Responder | Denunciar ante o administrador
perfecto
+7 # RE: Luis Campaña Carril D.E.P.perfecto 30/11/2012 09:21
Mis mas pésame para toda la FAMILIA. y AMIGOS·
Responder | Denunciar ante o administrador
juan garcia
+2 # hasta pronto meu amigojuan garcia 08/12/2012 04:02
eu o coñozco dende que eramos rapaces e tamen fun a sua casa onde tuvin a oportunidade de coñecer a sua nai sento moito o seu falecemento e lle dou as condolencas a toda a sua familia hasta pronto cotiño algun dia veremonos no ceo dende chile santiago de chile o teu amigo que nunca che olvidarei
Responder | Denunciar ante o administrador