Imaxe da cría de rorcual que aparecío morta en CoendaPodería haber sido unha desas imaxes nas que ducias de voluntarios se unen nune esforzo agotador e desesperdo para tratar de salvar unha camada de baleas varada sospresivamente en calqueira das praias do mundo. Pero xa era tarde e cando, tras recibir aviso, este sábado 3 de novembro de 2012 os membros de Protección Civil chegaban ao coído de Coenda, ao carón mesmo da senda marina que une Camariñas co Faro Vilán, e contemplaban o que despois se certificou como o cadáver dunha cría de rorcual común. O panorama triste dunha das maiores criaturas animais falecida de xeito irremisible nun illado paraxe camariñán.

Voltaban ao día seguinte os voluntarios de Protección Civil xunto a tres membros do CEMMA, a Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños, ao lugar dos feitos para que este técnicos especializados na fauna mariña arroxaran un pouco de luz sobre o suceso. E así puidemos saber que estabamos ante unha cría de balea común, dun ano de vida aproximadamente, que seguramente falecía de maneira natural ao pasar frente ás nosas costas dentro da súa ruta migratoria. Falaban dunha posible desorientación que levou a este xigante da natureza en potencia a buscar augas tranquilas e varar fatalmente en Coenda. Alí xusto ao carón da senda marina que une a Vila de Camariñas co Cabo Vilán.

Comentarios   

unha de tantos
-1 # Van caendo ballenas e choruriizosunha de tantos 06/11/2012 08:01
Esta pobre ballena morreu e apareceu na praia.Como asi aparece na voz a expulsion do sr.Rego do club Nautico,era de esperar,non sei como esa directiva tivo tanta paciencia¡¡¡,pe ro está visto que ahora van aparecer a rodar cabezas.Xa me parecia raro tanto secretismo de esta Directiva,Me parece muy ben,que ahora fagan a RAIA a esos que quixeron facer un golpe de estado no noso nautico,¡¡¡dade lle leña carallo,que se acorden dunha vez, de esta directiva o resto da sua vida,o que riee o ultimo,rie duas veeces...fodans e¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Responder | Denunciar ante o administrador