1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Imaxe que lucía o Cuartel da Benemérita na mañá deste sábadoNoite de kale borroka en Camariñas. Eran ao redor das 2 da madrugada deste sábado 27 de outubro de 2012 que recén comenzaba cando unha ou varias persoas sen identificar plantaban lume ao cuartel da Guardia Civil. Elo levaríase a cabo mediante a apilación de material inflamable diverso na porta de entrada ao acuartelamento da Benemérita ao que se prendeu fogo. As lapas devoraron a entrada e toda fachada do baixo do edificio no que se asenta a guarnición camariñana. A imaxe que se podía contemplar na mañá de hoxe non podía ser máis desoladora e remitía vagamente aos escenarios de combate da Hernani, Rentería, Andoain ou Casco Vello de San Sebastián dos anos 80 e 90, dos anos de plomo do terrorismo no País Vasco. Os desperfectos eran evidentes e cuantiosos e conlevarán seguramente unha importante investigación para descubrir aos responsables dos sucesos e coñecer as causas que están detrás dos mesmos. Imbuidos nunha oleada de inseguridade que non fai senón aumentar expoñencialmente día a día, a madrugada deste sábado 27/10/2012 quedará para a historia como aquela na que dou un salto cualitativo de difícil e case imposible superación.

Engadir un comentario