1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A ambulancia que trasladaba a Jacinto ao seu paso por Corea

Nunha paraxe camariñana na que habitualmente é o helicóptero de urxencias o que evacúa veciños, as instalacións portuarias da vila, desta volta foi a ambulancia a obrigada a intervir. Eran pouco máis das 20:00 deste venres 26 de outubro de 2012 cando o noso querido amigo Jacinto Campaña Lista mentras daba o seu habitual paseíño polo Muelle do Curbeiro comenzouse a sentir mal. Decidío tomar asento ao carón da Lonxa vella e de repente comenzou a botar sangue pola boca.  Ata alí desprazouse de forma inmediata unha ambulancia medicalizada que foi chamada curiosamente polo propio Alcalde camariñán Pichurri pois atopábase polas inmediacións do Muelle cando acontecía o suceso. Nestes momentos o noso amigo Jacinto atópase en observación no Hospital Juan Canalejo da Coruña aínda que non temos noticias de cales puderon ser as causas do desvaimento. En todo caso esperamos e desexamos que todo non pase todo dun mal susto e pronto poidamos ver alegre e cordial coma sempre a Jacinto indo aos calamares no Muelle Novo e queixándose cun sorriso entre os seus labios do fluir da vida. Malos tiempos.

Engadir un comentario