1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A Escola Infantil de Camariñas sufrío un roubo este fin de semana

Desta volta tocoulle á Escola Infantil de Camariñas. Despois de bicicletas e redes, o obxectivo insaciable do mundo do crime fixouse na pequena edificación onde os máis pequenos, aqueles que están chamados a ser o futuro de Camariñas, dan os seus primeiros pasos formativos. Unha oleada de roubos e hurtos que non se detén ante ninguén nin respeta nada. Segundo as fontes ás que tivo acceso Camarinas.eu os responsables do enésimo roubo perpetrado no noso concello entraron forzando unha das ventanas do centro, a través da rotura dos seus cristais, para despois dentro do edificio romper asemesmo a porta da oficina da Orientadora Escolar e sustraer o ordenador da mesma.

Finalmente dous foron os PCs afanados neste roubo con forza nas cousas (rotura de cristais) que se presume foi realizado durante unha das madrugadas da Ponte do Pilar por uns responsables polo de agora descoñecidos. En todo caso o peor pode estar por vir, ademáis da importante información que poderían conter os equipos roubados, queixábanse esta mañán as nais de que nun ano caracterizado polos duros recortes da Xunta de Galicia, tal vez non haia no Consorcio xa nin un peso para a reposición dos ordeadores sustraídos. Esperemos que o edificio conte con seguro de responsabilidade civil, eso sí é que os recortes aínda non os fulminaron...

Comentarios   

manuel lema
+1 # ke asco d xentmanuel lema 16/10/2012 13:38
paresme lamentable
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.