Se o pasado domingo era o Señor José Ramón Méndez Tajes quen falecía lamentablemente víctima dun cancro, na madrugada deste xoves 4 de outubro de 2012 era á Dona Carmen Perez Soneira a quen se levaba esta letal enfermidade, a gran plaga do noso tempo. Eran ao redor das cinco da madrugada cando un cancro de páncreas acababa aos seus setenta e sete anos con esta veciña da Rúa Pinzón. Coñecida popularmente en Camariñas como Carmen de Berdoias, deixa un marido postrado por mor dunha enfermidade en cadeira de rodas e catro fillos: dos varóns (Perucho e José Manuel) e dúas féminas (Mari Carmen e Silvia), así como varios netos. Será Dona Carmen velada na súa casa da Rúa Pinzón ata o momento no que a comitiva fúnebre se encamiñe cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo, onde terá lugar o enterro a partires das 17:45 horas deste venres 5 de outubro do ano do Noso Señor de 2012. Queremos dende Camarinas.eu enviar o noso máis sentido pésame a todos aqueles que en vida gardaron próximos lazos familiares ou de amizade ca Señora Carmen e reconfortalos na súa dor. Dona Carmen Pérez Soneira, Descanse En Paz.
+3#RE: Carmen Pérez Soneira D.E.P. —
Primitivo Plaza05/10/2012 07:54
Recuerdo a la Sra. Carmen con cariño. Durante mi residencia en en esa Villa pude contar con su amistad. Persona muy educada y amigable. DEP y reciba su familia mi humilde y sincero pésame.
Comentarios
DEP y reciba su familia mi humilde y sincero pésame.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.