- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 29 Setembro 2012 29 Setembro 2012
En 1948, na dura resaca dun pais destrozado pola Segunda Guerra Mundial, no que saír adiante constituía un puro exercicio de superviviencia, vía a luz un dos grandes mitos da historia do cine, obra mestra do neorrealismo italiano: "El Ladrón de Bicicletas". Film dirixido por Vittorio de Sica, narraba como un sinxelo obreiro en paro consigue un traballo a condición de que posúa unha bicicleta, o que motivará que éste percorra Roma tentando desesperadamente roubar un biciclo. Foi agora na Camariñas do século XXI, noutro tempo e noutro lugar, cando vimos de ter en datas recentes unha serie de acontecementos que remiten máis ou menos ao lexendario film anteriormente mencionado.
Esta pasada semana un veciño de Camariñas propietario dunha mountain bike de gama alta fai unha visita a casa dos seus pais, situada en pleno paseo marítimo camariñán, e deixa a bicicleta na porta da casa mentras sube rápidamente ao segundo piso. Cinco minutos despois, un visto e non visto, aquela xa non está alí. Dunha maneira rápida e sixilosa. Ninguén vío nada. Viña a ser o enésimo exemplo dunha cadea consecutiva de desaparicións de bicicletas polo entorno da Costa da Morte. Nembargantes, pouco despois, fundadas sospeitas de que esa mesma mountain bike acababa de ser vista no automóvil dun súbdito de orixe magrebí afincado na Ponte do Porto levaron finalmente á detención do mesmo.
Unha vez detido o presunto responsable, resulta que ao parecer éste formaría parte dunha trama organizada de roubos de bicicletas que terían por destino ser vendidas, ao completo ou por pezas, en países do Norte de África. Unha BTT multiétnica e policultural bordeando perigosamente as areas do Sahara. Así que polo momento, mentras os presuntamente detidos non sexan postos en liberdade (ou sexa, supoñemos que xa, a estas mesmas horas), a desaparición de mountain bikes podería paralizararse por un tempo pero non máis, polo que cómpre cambiar de criterios e o que antes se deixaba abandoado por cinco minutos en calqueira parte, agora toca non perdelo de vista nin só un intre. Eses tempos acabáronse. E así foi como nun día de outono de 2012, épocas de lásers na xungla e de estacións espaciais, voltamos a aqueles tenebrosos días da Italia de posguerra, anos en branco e negro, de fame, frío, ruinas e desesperación. Se esto foi anécdota ou signo dos novos tempos tan só o futuro o dirá.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.