1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Javier Temprano outro xoven camariñán que falece no mellor da súa vida

Ao final cumpríronse os peores presaxios e buceadores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Guardia Civil (GEAS) atopaban sobre as 16:30 deste malhadado xoves 6 de setembro de 2012 o corpo sen vida do xoven camariñán de 26 anos Javier Temprano Quiza na zona do Charco de San Martín, Lanzarote, non moi lonxe de alí onde desaparecera o seu corpo. A alerta saltaba nas primeiras horas da mañán cando Javi perdíase de vista na mencionada zona do Charco de San Martín ao ser arrastrado por unha onda cando se atopaba mariscando. Inmediatamente poñíase en marcha un amplio dispositivo de búsqueda que incluía á Benemérita, á Policía Local de Yaiza, Protección Civil, Salvamento Marítimo e efectivos do Consorcio de Emerxencias de Lanzarote que empezaban a peinar febrilmente as augas ata que xa nas primeiras horas da tarde atopaban o seu corpo sen vida. O cadáver foi inmediatamente trasladado ata o muelle deportivo de Marina Rubicón, en Playa Blanca, a non moita distancia de onde fora atopado, lugar no que se procedeu ao levantamento xudicial do cadáver. Neste punto cómpre lembrar que Javi era fillo dun gran amigo que foi desta redacción, o mariñeiro provinte de Santa Cruz, na Coruña, Litos, que lamentablemente tamén abandonou de forma prematura a existencia. Camarinas.eu fica destrozada ante esta nova desgracia que se leva en plena xuventude, no mellor da súa vida, a outro xoven camariñán, e tan só pode facer saber a súa solidaridade, apoio e pésame máis absolutos e incondicionais aos seus familiares e amigos especialmente á súa nai, a nosa querida amiga Lola Quiza, e a seu irmán Juan. Javier Temprano Quiza, amigo, Que Deus che teña na súa Gloria. Descansa En Paz.

Noticia aparecida nun primeiro momento sobre a desaparición de Javier Temprano Quiza

Efectivos do Consorcio de Emerxencias de Lanzarote, con apoio aéreo, están a rastrexar augas do sur de Lanzarote, tras alertarse da desaparición dun home que estaba mariscando na zona do Charco de San Marín, xunto ás Maretas e Pechiguera, en compañía doutra persoa, que foi quen deu o aviso.

O desaparecido é Javier Temprano Quiza, natural de Camariñas, duns 26 anos de idade, segundo fontes do Consorcio. Ao parecer, o home caeu ao mar ao ser arrastrado por unha onda, sendo levado pola marea.

No dispositivo de busca cóntase desde primeira hora con axuda da Policía Local de Yaiza, Protección Civil, bombeiros do propio Consorcio, Salvamento Marítimo e Garda Civil, entre outros. Durante a tarde produciuse a incorporación de mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Benemérita, tras desprazarse desde Gran Canaria, ante o temor de que xa sexa imposible achar con vida ao desaparecido e que este se atope atrapado nalgún punto do fondo costeiro máis ou menos próximo á zona onde tivo lugar o contratempo.

Cabe dicir que non é o primeiro mariscador que cae por augas de Yaiza nos dous últimos anos, ao ser arrastrado pola marea e perder o coñecemento ao golpearse contre o chan pedregoso e escarpado que hai pola zona aludida.

Comentarios   

kinos
+3 # RE: Javier Temprano desparecido en Lanzarotekinos 06/09/2012 16:26
O meu apoio a familia que deben de estar pasando polos momentos mais angustiosos da sua vida.Esta traxedia deixame xelado,xa que toda xuventude de camariñas coñeciamos e temos en gran estima a Javi e tamen o seu irman,moi apreciados por todos nos.A esperanza non debe declinarse,e oxala as malas predicions queden esta vez equicocadas.Ani mos e forza a familia,e especial ao seu irman juan,xa que tantos recordos e momentos temos pasado na infancia.
diegoalfr
+5 # RE: Javi Temprano desparecido en Canariasdiegoalfr 06/09/2012 16:29
Coma o meu compañeiro Kiños, eu tamén quero transmitir dende aquí toda a forza nestes duros momentos a toda a familia de Javi especialemente a seu irmán Juan e tamén a súa nai Loliña. Esperemos que todo acabe nun susto. Esperemos...
lucia018
+4 # RE: Javi Temprano desparecido en Canariaslucia018 06/09/2012 18:43
Non o podo creer nin asimilar aora mismo que desgracia dios mio!
Hay exatamente unha semana ainda preguntei por ti"! e ,mira aora!""" SIEMPRE CHE RECORDAREN JAVI....Pasei momentos da miña infacia contigo xogando moi bos que nunca se olvidaran dios che teña na gloriaaa!
Beldoña
+2 # RE: Javi Temprano falecido en CanariasBeldoña 06/09/2012 21:01
Una tragedia más de la mar que se ceba con la gente de nuestro pueblo.
Descanse en Paz. JAVI y mi sincero pesar para su familia.
Antonio Puertas
rubiaza merengue
+3 # d.e.prubiaza merengue 07/09/2012 09:49
una mas d las victimas k se lleva el mar..deskansa en paz javi y mi pesame a toda su familia , amigos .d.e.p
Emilio Jose Alborese
+3 # grande tristeza mi hermanoEmilio Jose Alborese 11/09/2012 00:03
Los recuerdos quedaran guardados para simpre en mi corazon.Desde aqui de brasil le mucha fuerza o toda familia Lolinha (madre)JUan (hermano)Tati y todos lo demas.recuerdo nuestros ultimos momentos en la fiesta de La Barca paseo en el coche nuestras musicas y sonrrisas especiales que de donde estas solo tu y yo sabemos.mucho dolor y tristeza de hermano de consideracion EMILIO
E logo ti de quen es
+3 # Sentido pésame.E logo ti de quen es 22/09/2012 11:00
Mi más sentido pésame a la familia y amigos, la muerte siempre dolorosa siempre inaceptable es menos dolorosa cuando es el final de una vida vivida, pero con 26 años resulta doblemente dolorosa, DEP.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.