O venres 31 de agosto de 2012 terá lugar a Festa de San RamónCando o verán xa vai costa abaixo, cando o groso do continxente turístico está de volta, cando nos cativos e adolescentes se instala unha sorte de melancolía por un novo curso que xa se atisba no horizonte, e cando en Camariñas se festexa a San Ramón. Este ano o excelente traballo da comisión comandada polo noso querido amigo Ramón Blanco deparou unha única xornada festiva que recae neste venres 31 de agosto e que ven cargada ca tradicional misa solemne, cunha sesión vermout a cargo da orquesta Iris e cunha verbena na que ésta terá o acompañamento de Alarma. Desta maneira un ano máis o santo que xunto a San Xurxo e á Virxe do Carme forma o tridente sagrado camariñán é honrado conforme á tradición nunha data crepuscular e finiquitadora dun novo verán que queda na lonxanía, que queda no recordo para o bo e para o malo.

Engadir un comentario