Este domingo 12 de agosto de 2012 falecía aos seus 74 anos Don Enrique Vázquez Méndez, coñecido popularmente en Camariñas como Enrique dos Catro Ventos. Fui ésta unha vida dedicada á hostelería: despois de moitos anos emigrado en Suiza retornaba á vila que o vío nacer para fundar un dos restaurantes clásicos de Camariñas, o Catro Ventos. Despois de tantos anos aos mandos dos fogóns, ultimamente sempre o podíamos ver andando polos distintos camiños de Buría, era un home sano e alegre. Sempre xovial e con unha boa cara para todos. Levaba xa uns meses ingresado nun Hospital da Coruña onde lle estaban a tratar un problema de saúde que ao final resultou ser o feroz cáncer que acabou finalmente con él este domingo. Despois de máis de 50 anos de exemplar matrimonio deixa á súa muller viuda Pilar (Vodas de Ouro publicadas aquí en Camarinas.eu) e ao seu fillo Enrique así como aos seus netos Jorge e Elena. Os restos mortais de Enrique Vázquez Méndez están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o funeral terá lugar este luns 13 de agosto a partires das 18:00 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Vaise con Don Enrique un dos grandes pioneiros da hostelería no Concello de Camariñas, fundador que fui dun dos restaurantes de toda a vida en Camariñas. Dende Camarinas.eu enviamos o noso máis sinceiro pésame á familia e pregamos aos nosos lectores que os acompañen nestes duros momentos. D. Enrique Vázquez Méndez Descanse En Paz.
Descanse en paz, señor Enrique, sempre o recordarei con esa sonrisa coa cal recibía o seus clientes.Un abrazo forte a familia, Rique, sñra Pilar, Isabel...etc......
mi madre algo tarde ,pero eu vivo neste pueblo e no me entero..estou q non sei q decir,tou temblando..q tanto ye queria eu a este home...cantos conto e historias nesa cociña dos 4 ventos..dios ainda non o creo bikos pilar e animos,tamen a enrique filloe familia..o meu sicero pesame ,sempre se van os mellores..voute recosrdar siempre
Mi más sentido pésame a la familia y amigos. Don Enrique y su generación mereceran siempre todo nuestro respeto, son la generación heroica que emigró y consiguió un futuro mejor para sus hijos. DEP.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.