- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 10 Agosto 2012 10 Agosto 2012

Nembargantes, por precaución, procedíose ao regado do perímetro queimado para que non volva a brotar o lume no futuro. Neste punto debe sinalarse que con éste, era a segunda vez que na mesma semana se declaraba un incendio en Mourín, despois do acontecido na tarde do pasado domingo 5 de agosto cando ardía un pequeno anaco de monte en outro tramo da carretera que leva dende Mourín ata Reira. Todo o cal fai preveer que posiblemente non será o deste venres o último incendio que se declare neste lugar polo que rogamos aos nosos lectores a máxima prudencia ao circular ben a pe ben en automóvil por Mourín (esas colillas que saen disparadas...). Nembargantes, segundo puidemos saber a última hora en conversa con Pichurri no lugar do suceso atopouse unha botella de gasolina, polo que en principio o fogo podería ser intencionado. Un pirómano anda solto por Camariñas.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.