1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Camarinas.eu fai un resumen videográfico do que foi a Festa do Carmen 2012Como aquí en Camarinas.eu non andábamos negociando en escuras guaridas unha sucesión política a cambio de axuda mediática no golpe de estado do Club Náutico, proba evidente da utilización dun partido político para negocios privados, nos días grandes da Festa do Carmen fundímonos na corrente de euforia colectiva que inundaba Camariñas. E ahí estivemos ao carón da nosa xente, protagonistas todos do evento que fai que a todo camariñán digno de tal nome lle ferva o sangue, o corazón lle bombee a 180 pulsacións por minuto, e polo que un da gracias a Deus por estar vivo e na vila da súa alma en tales datas. Elo fi posible gracias ao traballo titánico, ciclópeo, dunha Comisión de Festas que foi insultada e difamada sen descanso por aqueles supervivientes arruinados e fracasados que buscan destruilo todo (tanatorios, plans xerais, clubs náuticos, banderas azuis, comisións de festas, festas do carmen, etc...).

Pero frente a elo, ante políticos corrompidos sen escrúpulos nen principios, está a sociedade libre, os cidadáns honrados que pagamos os suculentos soldos de asesores da Deputación, frente a eles está todo un concello que cada vez que ten ocasión failles saber de forma rotunda o seu rexeitamento e desprecio e endílgalles unha nova e humillante derrota electoral; en contraposición a quen non ten nin a diginidade de asomar os fuciños durante os días maís importantes do ano no concello que teóricamente representan están todos aqueles que tomaron por uns días as rúas de Camariñas e desfrutaron sen tregua dos grandes da Festa do Carmen. Camarinas.eu, simplemente uns camariñáns máis,  estivo alí e publicou seguemento máis exhaustivo posible endexamáis realizado ao cal ponlle agora o seu broche final ca publicación de tres vídeos captados durante aqueles días que acontecen únicamente unha vez ao ano.

Comentarios   

kinos
0 # RE: Vídeos da Festa do Carmen 2012kinos 31/07/2012 10:51
Noraboa a comision por brindarnos coa sua labor e colaboracion de todas xentes, e asi poder disfrutar destas Festas que esta ano foron as mais activas e espectaculares. Bo traballo!!
Responder | Denunciar ante o administrador