1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Martes 17 de xullo marcado novamente pola ausencia misteriosa pero etílica do Boris Yeltsin da Costa da Morte, aquel importante asesor político que tal vez debido aos seus repetidos problemas físicos para ser quen de manter a verticalidade, preferío aforrarnos na data de autos ao igual que o día anterior algúns dos lamentables espectáculos vandálico-borracheriles a que nos ten acostumados últimamente.  Esto acontecía máis ou menos ás mesmas horas nas que se empezaba a tramar a serie ininterrumpida de atentados e sabotaxes que virían a asolar as instalacións do Club Náutico nos días vindeiros. A política de terra queimada que estaba por vir, tal e como aventuraba acertadamente Camarinas.eu en noticia publicada este xoves 19 de xullo. Así, nunha cita vital dentro do calendario camariñán, xunto ás autoridades competentes representaba ao seu partido a actual número dous, a concelleira Ana Méndez, un soplo de aire fresco, un rostro amable e conciliador despois de tantos anos e caras de odio e destrucción. Unha persoa decente entre arribistas e supervivintes arruinados por completo.

Se esto acontecía polo lado institucional, o pobo humilde e traballador, as boas xentes, estaban representadas pola Danza de Arcos, dentro da cal e despois de toda unha vida de intentos infructuosos destacou sobor de todo a participación de Manuel Ageitos, Totis, nunha viaxe completa de ida e volta (abaixo cara arriba/arriba cara abaixo) cos arqueiros máis famosos do mundo. Consciente do que está por vir, nunha decisión que non pode ser calificada senón de moi intelixente e da cal os demáis deberíamos ir collendo exemplo, Totis quixo sen dúbidas gañarse o corazonciño dos novos amos xermánicos que virán a rescatalo todo e a impoñer a sangue e fogo as súas leis teutónicas, e así enfundouse unha impresionante e xa un tanto vetusta bufanda cas siglas de Karl Heinz Rumenigge, das épocas nas que este dianteiro centro alemán fichara polo Inter de Milán, alá polos gloriosos anos 80.

Un martes 17 de xullo, primeiro en 20 anos de historia do Club Náutico de Camariñas nos que por mor da okupación ilegal perpetradada por un okupanáuticos malvado e bebedor non se celebraba o tradicional ágape da Festa do Carme co que a institución náutica decana da Costa da Morte agasallaba aos seus socios e aos mariñeiros da Vila dos Encaixes. Unha data en definitiva da que Camarinas.eu dentro do esforzo xornalístico máis grande acometido por medio de comunicación algún para informar do día a día dunha Festa do Carmen, e dentro da colaboración estreita, fértil e productiva desenrolada man a man ca Comisión de Festas, procede a publicar máis de 200 novas imaxes da maior calidade gráfica. A mellor festa do Carmen de tódolos tempos. A mellor e máis completa cobertura informativa da mesma da historia.

Engadir un comentario