A Rúa Pizarro non voltará a ver as expertas mans palilleiras da Señora CasmallaNo peor fin de semana que se lembre en moitos anos ata catro mulleres, todas elas sinaladas veciñas da vila, falecían en Camariñas. Tres delas facíano a avanzadas idades de xeito tal que entre as tres sumaban cáseque trescentos anos de vida: Encarnación Quiza Sande (100 anos), Avelina López Suarez (98 anos) e Modesta Cabrejo Márquez (101 anos). A cuarta integrante desta tráxica lista era outra persoa moi coñecida na vila, ao igual que a Señora Casmalla unha das clásicas palilleiras da mesma: María Luisa Quintana Luaces, a cal falecía aos seus 67 anos de idade. Deste xeito, dúas das imaxes icónicas de Camariñas, a da Señora Casmalla palillando baixo o quicio da súa porta nun recodo da Rúa Pizarro ou a da Señora Luisa, irmán do noso querido usuario Machote e tía dos nosos tamén queridos Fabián e José Luis, ca súa almofada eterna ao carón do Bar Vitoria, enfrente do Paseo Marítimo, quedarán únicamente para o recordo.

Veciñas de toda a vida dunha vila chamada precisamente das palilleiras debido a labor calada, constante, laboriosa dunhas mulleres que foron veladas ben ao calor das súas casas ben en Vimianzo, polo que a conclusión que sacamos aquí en Camarinas.eu é a de que xa que se vai a construir finalmente, se axilice ca maior urxencia posible a construcción do futuro tanatorio municipal (sobre todo agora que unha vía posibilista, conciliadora, parece abrirse paso dentro da radicalizada e destructora oposición municipal) porque a este paso cando entre en funcionamento aquí xa non vai quedar ninguén. En todo caso, triste fin de semana negro na nosa vila, marcado polo falecemento de catro mulleres que contribuiron tan decisivamente a configurar a Camariñas actual. Vaia dende Camarinas.eu, no nome de todos os nosos lectores, o pésame máis sentido ás familias de Dª. Avelina López Suárez, Dª. Modesta Cabrejo Márquez e Dª. María Luisa Quintana Luaces. Que Deus as teña a todas na súa Gloria.

Comentarios   

martina
+1 # tanatoriomartina 23/07/2012 16:13
Ton totalmente dacordo conoso redactor:
Avelina,Luisa,Modesta Cabrejo(de 101 de idade dedicou parte da sua larga vida a axudarlle a seu pai a facer caixas de difuntos e decoralas),na sua casa de toda a vida,no seu caso donde quixeron ser veladas e cuidadas ata a hora da sua morte.
Pero pola contra outros que queiran ir a un tanatorio¿Porqu e non poden facelo?¿Porque ter que ir a Vimianzo ou cee,muxia,baio? .Somos un dos pobos mais atrasados da redonda mellor dito do territorio ou comarca, xa esta ben... faja quen faja o tanatorio que se faja xa estamos fartos,que mais da privado,publico ,cooperativa,o unico importante e ter a donde ir velar os teus mortos nun pobo que con tanto rencor politico nunca se chega a nada.gracias
Responder | Denunciar ante o administrador