1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A Comisión de Festas dando os últimos retoques a un Carme que promete pasar á historiaTedín, móvil en man, recibe apresuradas indicacións municipais de última hora dando nerviosos paseos arriba e abaixo polo palco da festa: o grandioso escenario que espera nunhas poucas horas as mellores orquestas galegas. O peso da responsabilidade pola seguridade de toda unha vila. Non moi lonxe, tres fermosas rapazas continúan a confección do primeiro arte mural urbano camariñán con beneplácito oficial e miran, precavidas, ante o posible ataque á súa remozada casetiña turística por parte do cociñeiro naviero, tipejo alcoholizado e asaltador, ou da súa tan reducida patrulla chiquitera e borracheril. Uns peliños ralos de bigote perpetuamente mollados por licores de distinta graduación, hoxe en día, consecuencia dunha ruina completa e radical, xa un tanto cativos e metílicos. Un desagradable regusto metálico, plomo,  no paladar da boca.

Polo contrario, guiados por unha ilusión, conscientes do peso da tradición, membros da Comisión de Festas transportan a man unhas nasas para rematar a confección dun decorado hollywoodiense, cunhas redes confundíndose na perspectiva dun ceo de tintes escuros que nembargantes nos días grandes do Carmen acabará por abrirse definitivamente ante o maior espectáculo da historia da Costa da Morte. Persoas serias, responsables, conscientes sen dúbidas do conflicto institucional con outras importantes asociacións da vila que suporía que os membros da mellor Danza de Arcos do mundo consumiran bebidas na única cafetería okupada ilegalmente de todo o Arco Atlántico, propiedade actual da vieja guardia do PP camariñán. E finalmente, mañán, sábado 14 de xullo, festa nacional noutros lares ao norte dos Pirineos, aqueles que según David Bowie marcaban a fronteira natural con África, cun Alcalde camariñán Manuel V. Alonso de León cortando á altura da Casa de Pedra a cinta inaugural do 1º Mercado Mariñeiro Medieval de Camariñas, que en definitiva era do que se trataba...

{phocagallery view=category|categoryid=884|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario