5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Cartel alternativo que se barallou como apoio á máis grande festa da Costa AtlánticaCada vez queda menos. Aquí en Camarinas.eu xa estamos como motos: non nos chega a camisa ao corpo contando os días que faltan. O Facebook bota fume polos catro costados de camariñáns que andan quentando motores cibernéticamente. Non sabemos o por que pero parece que este ano o electorado está especialmente ansioso e ilusionado co arranque da Festa do Carmen. Tal vez sexa o puñado de orquestas sublimes (Olympus, Panorama, París de Noia, Palladium... o melloriño que pode ofrecer a día de hoxe o panorama musical galego), ou a ilusión que proxecta o seu orzamento, o maior de tódolos tempos, tal vez sexan os cinco días de festa ininterrumpida, ou a celebración do 1º Mercado Medieval Mariñeiro da historia de Camariñas, quen sabe. Ao mellor resulta que é pola crise: acostumados ao carrusel de malas noticias, á sensación de vivir ao borde da apocalipse un día sí e outro tamén, víctimas involuntarias dos despropósitos continuados, perpetuos, da casta política de diversas cores pero idéntica corrupción e  ineptitude que leva gobernando esta España dos nosos pecados dende hai xa uns cantos anos, as boas xentes busquen uns días sinalados para olvidarse de todo e gozar. Sinxelamente gozar.

Por elo, ante a grandeza do evento que se aveciñaba aquí en Camarinas.eu dentro da nosa liña habitual de colaboración desinteresada con asociacións e entidades que traballan de forma altruista a prol de todos os veciños (aquelas que están únicamente para enriquecerse con subvencións un tanto escuras da Deputación, esas non), deseñamos codo a codo ca Comisión nunhas cantas e fructíferas reunións de traballo unha serie de carteis para axudar a publicitar a que será neste 2012 a máis grande festa do Arco Atlántico. Unha colección de carteis, mostra evidente do talento do seu creador, postas a disposición dunha Virxe do Carmen, Patroa dos Mariñeiros, que no presente Ano do Noso Señor será honrada nunha remota vila de palilleiras e encaixes ca festividade máis grande que se recorde. Festa do Carmen do 2012: cada vez queda menos. Prácticamente non queda nada.

Engadir un comentario