Furgón do Corpo Nacional de Policía aparcado na Avenida da CoruñaCando un furgón da Policía Nacional entra en escea en Camariñas, algo estrano está a suceder. Nada habituados a ver persoal do citado corpo policial polas súas rúas, os veciños da Vila das Palilleiras ficaban intrigados ao ver na mediatarde deste chuvioso e desagradable venres 6 de xullo un dos seus furgóns na Avenida da Coruña, nas inmediacións do antigo Xulgado de Paz. E máis cando do mesmo baixaban varios axentes xunto a tres persoas de apariencia andina no medio dun forte operativo de seguridade que chegaba a incluir a membros da Guardia Civil. Tratábanse de tres cidadáns de nacionalidade peruana, dous homes e unha muller, que foran detidos na mañán do día de autos na cidade de Ferrol por pertencer supostamente a unha banda de asaltantes de negocios particulares. A explicación da súa presencia en Camariñas estaba constituida polo feito de que nun inmoble da Avenida da Coruña acabaran de alquilar durante a semana anterior un piso, unha presunta base loxística dende a que perpetrar as súas operacións na Costa da Morte.  Nembargantes debe recalcarse que os investigadores que se adicaron a rexistrar o piso aparentemente non atoparon probas dunha actividade delictiva. En todo caso, e por si xa non nos chegaba cos nosos asaltantes de negocios particulares autóctonos, van e aparecen estes. Éramos pocos y parió la abuela.

Engadir un comentario