1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Momento no que a ambulancia procede á evacuación cara ao centro hospitalarioDespregábase tranquila a noite do xoves 28 de xuño en Camariñas, unha máis cos seus trafegos portuarios, cas súas idas e venidas de embarcacións, cando unha súbita incerteza apoderouse do ambiente. Sin saber moi ben os presentes a que respondía, un operativo de emerxencias poñíase en movemento. Desatracaba do Muelle Novo a lancha de salvamento Salvamar Altair e partía con rumbos descoñecidos, nembargantes o seu derroteiro non estaba moi lonxe: a poucas millas do Vilán, o gran cruceiro "Independence of the Seas" que estaba a cubrir a súa ruta, alertara de que un dos seus viaxeiros, Henry Gibson un xubilado de orixe británica, acababa de sufrir un ataque ao corazón e estaba sendo atendido polos servizos sanitarios do buque. Trasladado pola Salvamar Altair ata o Muelle de Curbeiro, alí rápidamente unha ambulancia procedeu a evacuar ao ferido ata o Hospital Comarcal de Cee, acompañado en todo momento por unha facultativa do buque mencionado. Desta maneira pechábanse uns feitos dos que nun primeiro momento se chegou a rumorear que se tratara dun iate fondeado no medio das augas do Porto de Camariñas dende o que se precipitara ás augas un dos seus tripulantes consecuencia dun ataque ao corazón fulminante.

Fotos: Michael Pérez Riveiro

Comentarios   

lucia018
+3 # RE: Suceso nocturno no Porto camariñánlucia018 29/06/2012 20:59
Da a vida que me entero pola pagina que si non non me entero de nada que pasa en camariñas,eso de estar encerrada jajaja! 8)

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.