Algúns, confundindo os desexos ca realidade, non puideron esperar por máis tempo ata a Noite de San Juan e puxéronse a queimar Camariñas polos catro costados na madrugada deste mércores 13 de xuño que recén comenzaba. En primeiro lugar, tódolos contenedores de recollida de lixo ordinaria, envases e vidrio situados ao comenzo da Avenida Eugenio López, un pouco máis arriba do Bar José Manuel, foron incendiados nunha pira xigantesca que deixou un nauseabundo rastro de plástico queimado e en nada os esforzos de selección de residuos de centos veciños da zona. O outro punto de asalto dos vándalos foi o Barrio da Milleira, neste caso cunha actuación que poido ter consecuencias moito máis graves: o lume dos contenedores incendiados extendíose á casa aledaña queimando unha persiana da mesma. Xa a primeiras horas da mañán podía verse ao alcalde camariñán no lugar dos feitos pasando revista ao triste rastro de hooliganismo nocturno: contenedores queimados, que deberán ser repostos polo Concello co seu consecuente desembolso económico; importantes desperfectos nunha casa unifamiliar; toda a ilusión e o esforzo por contribuir á recollida selectiva de lixo, tirada polo chan nunha masa informe de plásticos queimados... A estupidez humana non aumenta nin disminúe, tan só cambia de forma. A estupidez humana é insondable.
+1#RE: Noite de vandalismo en Camariñas —
diegoalfr13/06/2012 18:36
Si, a verdade é que hai algunha xente neste pueblo que non ten a donde ir. Deben de coller exemplo de algúns políticos okupa-náuticos e asalta-negocios porque non o entendo.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.