1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A primicia do Cartel do Mercado Medieval só en Camarinas.eu

Tal e como anticipara Camarinas.eu ca publicación oficial do Cartel da que se aveciña como a máis grandiosa Festa do Carmen en toda a historia, ésta presenta como unha das súas principais novidades a celebración do 1º Mercado Medieval Mariñeiro de Camariñas. Sendo a nosa vila unha poboación cuias orixes se perden nas orixes do tempo, a elección dos seus rueiros antigos, angostos, caóticos, para a celebración dun evento deste tipo non pode ser máis acertada. As épocas da Xénova de Marco Polo, as do Porto de Palos e dun continente por descubrir, as de Baiona e as da nova do máis grande descubremento de tódolos séculos, rememoradas por mor dunha idea xenial en Camariñas durante os máis sinalados días do ano.

Os grandes promotores da idea, Luis Rodríguez Tajes e Rubén Lema, para ter perfectamente controlado ata o máis mínimo detalle recibiron este venres, expresamente chegado dende Barcelona, a Óscar representante da empresa encargada de organizar o Mercado Medieval de Camariñas, ademáis do da Coruña. Estiveron comprobando as rúas máis aptas para a organización do evento e finalmente optouse pola parte central do Paseo Marítimo cunha posible ampliación das actividades ata a Praza do Mercado. O cartel e o deseño definitivo do primeiro Mercado Medieval de Camariñas faranse públicos nunha rolda de prensa que terá lugar unha semana antes da Festa do Carmen. Acompañando á Óscar, Luis e Rubén no seu percorrido polas rúas antigas, angostas, caóticas, da así chamada Vila das Palilleiras estivo como sempre Camarinas.eu para deixar constancia ante o seu millonario accionariado do traballo histórico, cunhas repercusións que chegan moito máis alá do ámbito festeiro, desta infatigable Comisión da Festa do Carmen. As mellores orquestas posibles, o 1º Mercado Medieval, cinco días de festexos, etc: a máis grande ocasión que vío o Carmen está a tan só 45 días vista. Gracias rapaces.

Engadir un comentario