Varóns fornidos, guapetóns e sanos absterse de presentarse no CNC: denuncia al cantoEstablecer que unha persoa por posuir un determinado aspecto físico xa é culpable dun delito foi un modo de actuar popularizado na década dos 30 polo réxime político existente na Alemania nazi... e na súa veciña Austria. Por elo, correndo os tempos que corren, que aínda existan persoas que sigan a actuar segundo a técnica mental antes sinalada, enxuizando ás persoas non polos seus actos senón pola súa apariencia, non pode por menos que sorprender. Nembargantes, onde antes, nun réxime caracterizado pola superioridade da raza aria xermánica (e austríaca) estaba o drama servido, actualmente existe un Estado de Dereito, presidido polo imperio da lei, e por elo as aspiracións daqueles que así pensan e actúan vense cortadas en seco polo impecable actuar da Xusticia.

Tráese a colación a presente introducción a conta de toda aquela algarada e involución de tintes un tanto borracheriles (recordar a actuación dos tres principais tenores da asamblea extraordinaria do 17 de decembro) que se viña mascando no CNC por unha minoría radical e violenta dende que a non renovación do antigo concesionario da cafetería saltara á palestra e que explosionou de forma brutal cos feitos acaecidos entre a tarde do sábado 7 e a mañán do domingo 8 de xaneiro de 2012. Os primeiros co intento de agresión ao Secretario e de sustracción das ofertas presentadas á licitación do bar restaurante por parte de tres socios significados opositores, feitos xa glosados ampliamente por Camarinas.eu e polos que os seus responsables, a pesares dos intentos de desinformación interesada publicados recentemente, deberán responder xudicialmente no seu debido momento, e os segundos polas delirantes, esperpénticas, surrealistas en estado puro, acusacións que levaron á interposición dunha rídicula denuncia (marca da casa) cuia sentencia ven de fallar o pasado xoves 24 de maio o Xulgado de Paz de Camariñas.

Dezaoito anos despois, en causa pola súa escasa credibilidade, nula consistencia e mínimo rigor derivada polo Xulgado nº1 de Corcubión, no marco do procedemento de faltas 91/2012, o Xulgado de Paz de Camariñas ven de desestimar taxante e contundentemente a denuncia interposta por Dª. Úrsula Rego Sternat o 13 de xaneiro de 2012 no Xulgado de Corcubión contra dous directivos do CNC e o irmán dun destes por unhas imaxinarias e inexistentes coaccións e inxurias (recordar: "cerrado por intimidación") mediante sentencia impecable dende un punto de vista xurídico e devastadora dende un punto de vista ético. Sucesos supostamente acaecidos o domingo 8 de xaneiro cando a Xunta Directiva do CNC ao completo se presentaba pouco despois do mediodía na cafetería do CNC para comunicar á antiga concesionaria do servizo, VIPROGA SL, a elección do novo adxudicatario e polo tanto a súa obriga ineludible de abandoar as instalacións tan só 48 horas despois: o fatídico martes 10 de xaneiro de 2012. Nembargantes a presencia casual dun pequeno grupo de rapaces (de aspecto fornido, de liñas perfiladas, rebosantes de saúde) que naqueles mesmos intres estaban a tomar uns refrescos na terraza da cafetería foi aproveitada como coartada polos xa naquel momento ex-concesionarios para interpoñer unha ridícula demanda. Grupo que, segundo testemuñas diversas ás que Camarinas.eu tivo acceso tivo en todo momento un comportamento impecable, dunha educación exquisita e que esa mesma mañán, no marco dunha visita turística pola nosa vila, estivera anteriormente na terraza da cafetería do Casino sen que alí ninguén se sentira coaccionado, nin inxuriado nin secuestrado. Feitos que así recoñecería a propia testemuña aportada na causa polos denunciantes, M.L.P.P., veciña da Rúa San Miguel, a cal testificou no xuizo respecto ás inexistentes inxurias cara Dª. Úrsula Rego que "no se puede acreditar que fuera un insulto contra la denunciante en concreto y tampoco que se hubiera dicho en voz alta y hacia el público en general". Máis contundente incluso foi a súa declaración sobre a existencia de coaccións: "Manifiesta la testigo que había mucho movimiento de gente ese día, que no era un domingo normal, que notó algo de tensión en el ambiente, pero tampoco puede concretar quienes tenían una actitud extraña, ni coacciones, ni contra qué personas". Neste punto tal vez inconscientemente estábase a referir ao momento en que os móviles empezaron a botar fume e unha avalancha de hooligans simpatizantes do coñecido político perdedor de todo tipo de eleccións irrumpiron en tromba para defender polas bravas os arruinados intereses hosteleiros deste último.

Fundamentaba asemesmo Dª. Úrsula Rego Sternat a súa denuncia en que pechou o local ese día e o luns que seguía por medo a ser agredida, cando como era público e notorio dende tempos inmemoriais o luns soe ser día de descanso na cafetería náutica. Neste punto a sentencia corta polo sano: "Los hechos denunciados no han sido probados". E así, conclúe fallando "que en base a prueba de cargo considerada suficiente, practicada con arreglo a los principios de publicidad, contradicción, oralidad, inmediación y defensa ABSUELVO LIBREMENTE a los demandados de los hechos enjuiciados a ellos imputados en esta causa".

Inocencia probada e recollida en sentencia demoledora que supoñemos será incorporada ao expediente de expulsión sumaria instruido contra tres honrados militantes do PP polo noso querido xurisconsulto, antes secretario dos populares camariñáns, agora devenido en insobornable Presidente do Tribunal Revolucionario do Río Prado. Toca neste momento lembrar respecto aos feitos agora tan contundentemente desmentidos por sentencia xudicial o que www.diariocamarinan.com publicaba alá polo mes de xaneiro, nos días de plomo do golpe de estado no Club Náutico: "Desfeita absoluta no Club Náutico con intimidacións e coaccións propias do lexano oeste", feitos polos que segundo superior opinión xurídica "o Club Náutico entra na páxina negra dos escándalos" e que motivaron a apertura dun expediente disciplinario no partido a tres militantes "despois dos sucesos acontecidos nas instalacións do Club e que foron provocados por ditos afiliados", todo elo "xermen dunha trama urdida para vengarse do líder popular" (sic), expediente que finalmente, e co noso respetado maxistrado ao frente, rematou ca expulsión dos tres militantes anteditos, toda unha familia, "por unanimidade polos sucesos acontecidos este domingo pasado nas instalacións do Náutico". Agora pasados cinco meses, máis que indignación causaría risa e asombro ler tales maxaderías senón fose polo dano brutal, posiblemente irremediable, causado á imaxe dunha institución exemplar e honorable como sempre foi o Club Náutico de Camariñas

Aquí en Camarinas.eu, humildes e desarraigados xuntaletras, conscientes de que nin de lonxe poderíamos sequera aspirar á superior formación xurídica, á sabiduría legal absoluta, do noso idolatrado maxistrado riopradense, nembargantes entendemos que si o banco no que se asentaba o expediente de expulsión sumaria estaba formado por tan só dúas patas, firmes e inamovibles, eso sí, como os principios e conviccións políticas do xurisconsulto (un, o dos sucesos da mañán do 8 de xaneiro de 2012; o outro, o da maior construcción legal do noso tempo: "expulsarase expeditivamente a todo aquel que ande implicado en causas xudiciales porque nós non queremos xente así no noso partido"), caído un por pronunciamento xudicial devastador, e desmentido masivamente polos centos de sentencias condenatorias firmes recibidas polo presidente do PP local o outro, entendemos dende o noso humilde e inferior saber e entender que a súa Excelencia o Director da letrina política de internet debería proceder a revisar ese mesmo fallo do que tan orgullosamente se ufanaba dende o seu altar público recentemente. Outra postura equivaldría a ignorar e incumprir un fallo xudicial, tan legalista el, o autodenominado Campeón Universal da Liberdade e da Xustiza.

E así, recaída sentencia xudicial demoledora nunha viaxe para a que polo visto non facían falta tantas alforxas, perpetrado o ridículo xudicial máis espantoso que se recorde, contratado para un grotesco xuizo de faltas todo un prestixioso bufete de Vigo, cas súas correspodentes e supoñemos que sustanciosas minutas e kilometraxes, unha vez gastados os cartos que non hai, molestadas persoas decentes e estas sí cun traballo honrado que defender, movilizado un humilde Xulgado de Paz de pobo que dende había 18 anos non se vía nunha destas, protagonizouse diante duns abraiados tendidos un sonoro batacazo xudicial. O primeiro dos moitos que estaban por vir.

Unha expulsión sumaria cuias causas son agora desmentidas de forma demoledora por unha sentencia xudicial

Engadir un comentario