Comenza a conta atrás para a máis grande festa do arco atlántico

Cando estamos a pouco máis de mes e medio para o comenzo da Festa do Carme, no que xa constitúe unha tradición, Camarinas.eu procede a publicar en rigurosa exclusiva o cartel da máis grande festa do arco atlántico, alomenos para un camariñán. Un programa de actuacións realmente espectacular, completo a máis non poder, e que ao decir dos entendidos presenta o mellor plantel de orquestas que a día de hoxe se poden atopar no panorama galego (París de Noia, Olympus, Ciclón, Panorama, Palladium, etc...). Todo elo débese ao traballo infatigable, serio e eficaz que dende hai un ano ven desempeñando de modo exemplar a Comisión de Festas, comandada polos nosos queridos amigos Rubén e Luis dos Cabalos, os cales restando tempo ao lecer, á familia, mediante a celebración de ceas, bingos, campeonatos de truco, etc... conseguiron facer posible o soño de contar ca mellor das festas. A elo, como é habitual, hai que sumar a colaboración desinteresada de Diego Alonso Freire no diseño dun cartel á altura do contido do mesmo: a suma do esforzo duns poucos redunda no beneficio xeral de tódolos camariñáns. E así, cando o sábado 14 de xullo, neses mesmos intres en que os fastos do día nacional de Francia estén dando as súas últimas boqueadas, un pouco máis ao sur, nunha remota vila da Costa da Morte, comenza outro evento que non desmerece en absoluto ao anterior: ¡¡a mellor festa do mundo!!

Comentarios   

lucia018
+2 # RE: Cartel da Festa do Carmen 2012lucia018 25/05/2012 11:18
:D Bo traballo diego!!!
Encantame o cartel da desta do carme!!
Juju que cerqiña xa esta o 14 de julio!
seran uns dias inolvidables para camariñas!
Que viva a festa do carme! este ano ten que qedar por riba de todas!
muakssssssssssssssssssssssssssssss
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+2 # RE: RE: Cartel da Festa do Carmen 2012E logo ti de quen es 26/05/2012 10:37
Ojala este año toda la familia pueda estar en Camariñas por la fiesta del Carmen. Un saludo afectuoso.
Responder | Denunciar ante o administrador
MBCA
+3 # RE: Cartel da Festa do Carmen 2012MBCA 26/05/2012 11:38
Viva a festa do carmen de camariñas e vivaaaa camariñasssss!! !noraboa polo traballo realizado con este cartel,encantam e!
Responder | Denunciar ante o administrador
gallegaza madridista
+4 # mis princesas y yooooo y variasgallegaza madridista 26/05/2012 13:52
emhorabuena polo traballo diego enkantame o kartel kedouxe precioso !! e viva camariñas e viva as festas do carmen !bikiños e saludos
Responder | Denunciar ante o administrador
Rubén lema
+1 # RE: Cartel da Festa do Carmen 2012Rubén lema 04/07/2012 21:41
todos con la virjen del carmen este año increible
Responder | Denunciar ante o administrador
mery
+3 # RE: Cartel da Festa do Carmen 2012mery 16/07/2012 07:30
HOY MI TIO YA NO VOLVERA A VER A SU VIRGEN NI A SU PUEBLO, UN DIA TAN SEÑALADO Y SE HA MARCHADO, EDUARDO TE QUIERO MUCHO.
HASTA SIEMPRE.
D.E.P EDUARDO LEMUS.
Responder | Denunciar ante o administrador