1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Helicóptero a piques de despegar con Tilde a bordoEstaba na mañán deste martes 15 de maio de 2011 Tilde de Peteno cas súas compañeiras de toda unha vida na Asociación de Palilleiras cando de repente comenzou a sentirse mal. Éstas, asustadas ante os graves síntomas que facían presaxiar un mal de envergadura raudamente trasladaron a Tilde ata o centro clínico camariñán sito na Rúa do Prado. Alí o persoal médico enseguida constatou a gravidade do suceso e diagnosticou que nin máis nin menos Tilde acababa de sufrir un ataque ao corazón, por elo sen perder un só segundo procederon a chamar ao helicóptero de urxencias para que fixera un dos seus nada desexables vos ata Camariñas. Posto en marcha o operativo, tomáronse polos corpos de seguridade e Protección Civil de Camariñas as precaucións necesarias para garantir un rápido traslado de Tilde ata o centro hospitalario no que ataxar un  ataque que de non ser tratado a tempo faría que a estas horas posiblemente estivéramos a falar dun novo episodio na cadea de desgracias que dun tempo a esta parte asolan o noso concello. Unha vez verificada a rápida evacuación e con Tilde xa ingresada nun centro hospitalario só queda desexarlle a esta querida amiga, palilleira de toda unha vida, unha satisfactoria evolución e unha pronta recuperación.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.