Avelino Ángel Sar Barrientos, Descanse En PazA vaga de traxedia que se abate sobre o Concello de Camariñas parece non ter fin. Despois de ata catro falecementos nunha mesma semana (Marta Barcia Gerpe, Carmen Lema Mouzo na capital municipal; Ovidio Lema López, Perfecto Alonso Correa, na Ponte do Porto), este domingo 29 de abril de 2012 a Vila das Palilleiras ficaba conmocionada pouco despois do mediodía ao saber que Avelino Ángel Sar Barrientos, de 45 anos, natural do Concello de Muxía, acababa de caer fulminado dun ataque ao corazón na panadería que rexentaba xunto a súa esposa Marisa, na Rúa do Prado, xusto enfrente da Clínica. A traxedia que aflixe a esta querida familia camariñana faise máis dramática se temos en conta que a súa esposa estase a recuperar dos efectos dunha penosa enfermidade. Deste xeito outra persoa xoven, no mellor da súa vida, abandoaba este mundo de xeito imprevisto e incomprensible deixando unha familia destrozada na peor semana que se recorde no noso concello en moito tempo. Os restos mortais de Avelino Ángel Sar Barrientos están sendo velados na casa familiar da súa esposa no Lugar do Cotro e o funeral de corpo presente está previsto que comence a partir das 19:00 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Ante este novo drama que se abate sobre Camariñas só nos resta pedirlle aos nosos lectores que acompañen á súa esposa e fillo nestes penosos momentos e enviarlle o noso máis sinceiro e dolorido pésame. Avelino, que Deus che teña na Súa Gloria. Descansa En Paz.

Comentarios   

marino
+3 # RE: Avelino Ángel Sar Barrientos D.E.P.marino 23/06/2012 13:56
Mi. gran dolor para la familia. D.E.P. DON. AVELINO ÁNGEL SAR BARRIENTOS.
Responder | Denunciar ante o administrador