O clima dou un respiro e o Patrón de tódalas Camariñas saío en Santa Procesión sen maiores atrancos, rodeado da fe e da devoción das súas xentes. Multitude de camariñáns, maiormente procedentes dos distintos lugares do Distrito de Buría, inundaban o atrio da Igrexa Parroquial cando pasadas ás 13:00 horas San Xurxo facía a súa aparición polas portas do templo sagrado nunhas datas sempre a medio camiño entre unha recén fenecida Semana Santa e o verán pródigo en todo tipo de festexos que se aveciña. Así soe ser a festa do Santo Patrón, habitualmente azoutada por un duro e implacable nordeste ou polas inoportunas augas primaverais. Nembargantes, tal que decíamos, no Ano do Noso Señor de 2012 o clima dou un respiro, dende os ceos fíxose a luz e santo que terminou co dragón dun lanzazo poido saír a recibir o cariño, a devoción e a fe das súas xentes sen maiores atrancos.

Engadir un comentario