Despois dun tempo de relativa calma en canto a falecementos de vecños do noso concello, lamentablemente toca voltar ás andadas. Este chuvioso e malhadado mércores 18 de abril fai exactamente unha semana que falecía en Bélxica, nación na que levaba rexentando un establecemento hosteleiro xunto á súa dona dende hai anos, Don José Luis Gerpe Blanco. Falecía Don José Luis despois dunha longa enfermedade aos 60 anos e deixaba como última disposición a de ser enterrado na súa terra, Camariñas, por elo o seu funeral terá lugar este xoves 19 de abril ás 16:30 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo, ese mesmo templo cristiano onde un 19 de xullo de 2008 un dos seus dous fillos, Luis, contraía matrimonio, recinto sagrado que acolle as penas e alegrías de toda unha vila dende hai máis de 200 anos. É por elo que Camarinas.eu quere dar o seu máis sinceiro pésame á familia nestes tristes momentos e anima aos seus lectores a acompañalos durante este duro trance. Don José Luis Gerpe Blanco, Descanse En Paz.
+1#RE: José Luis Gerpe Blanco D.E.P. —
JM Antelo18/04/2012 20:44
Non teño nada que desir, que ti non sepas, nin nada mais que falar que non falaramos. Sempre vas a estar aqui, nos mismos sitios onde sempre eu che via.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.