1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Esta mañá acaecía na Ría de Camariñas un terrible suceso que a punto estivo de costar dúas xóvenes vidas. A eso das 11 da mañá o noso amigo Toñito de Corea acompañado do seu cuñado procedían a levantar as nasas preto dun baixo da costa camariñana cando debido a un brusco viraxe a lancha de fibra na que estaban a traballar volcou repentinamente tirando pola borda aos dous veciños do noso concello. A situación era moi crítica para os tripulantes que se atopaban a mercede do xélido mar que cada vez golpeaba máis forte. Momentos despois como un anxo salvador apareceu a embarcación "Mary" propiedade de Jose de Flores que rescatou aos náufragos das entrañas do mar e dunha morte segura. Acto seguido o héroe salvador coa axuda da embarcación de Santiago de Santa Mariña púxose a remolcar a embarcación sinistrada ata a rampla das instalacións ocupadas ilegalmente do Club Náutico de Camariñas. Alí entre gran número de mariñeiros que se personaron para interesarse polo estado dos seus amigos e coa axuda inestimable do noso usuario Mikel patroneando a súa embarcación Gema, procederon ao volcado e reflotamento da embarcación. Un terrible accidente que non pasou dun susto pero que pudo rematar moito peor si non fora pola intervención decisiva e milagrosa de Jose de Flores, Santiago de Santa Mariña e Juan Pasantes.

Comentarios   

MBCA
+2 # RE: Afundimento dunha lancha en CamariñasMBCA 15/02/2012 13:34
por sorte unha traxedia que non foi amas!!gracias a dios..
Responder | Denunciar ante o administrador