A Praza Maior de Camariñas está de luto: aos seus 71 anos foise José Quiza Vázquez, un dos seus veciños de toda a vida. Falecía as 6 e media da mañán deste xoves 9 de febreiro de 2012 despois de que as complicacións que arrastrou durante os derradeiros anos se agravaran na noite deste pasado mércores sendo trasladado por elo de urxencia ao Hospital de Cee. Alí os médicos concedéronlle tan só unhas horas de vida, feito polo cal a súa familia decidío que si o desenlace fatal tiña que ter finalmente lugar fora na súa casa de sempre da rúa Tras Praza. Deixa José catro fillos, tres deles varóns residentes en Inglaterra os cales xa se atopan neste momento de camiño cara Camariñas. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio de Vimianzo e o funeral terá lugar este venres 10 de febreiro na Igrexa Parroquial de San Xurxo a partires das 15:30 horas. Alí será onde o seu pobo natal rinda a última homenaxe a un dos veciños de toda a vida da súa Praza Maior. Dende camarinas.eu sumámonos á dor da súa familia e enviámoslle o noso máis sinceiro pésame. José Quiza Vázquez, que Deus che teña na Gloria.
-1#Descanse en Paz José —
diegoalfr09/02/2012 19:48
Que pena tan grande, meu amigo José foise.. alá van seus paseiños ata a plaia, alá van os vermus no San Remo con nos... alá vai un gran home e veciño casi un pai que foi para min. Descansa en paz José, alá von a verche ata Vimianzo por última vez...
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.