- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 13 Xaneiro 2012 13 Xaneiro 2012
Se por unha parte este Nadal de 2012 pasará á historia polo lamentable espectáculo protagonizado pola minoría radical e violenta que na loita descontrolada por acadar os seus intereses egoístas respecto a unha cafetería está disposta a levarse por diante institucións de prestixio e solera (espectáculo que continúa ca ocupación ilegal das súas instalacións), noutras partes do concello asistimos a exemplos de colaboración desinteresada e altruista. As Forzas do Mal e as Forzas do Ben. Colaboración entre boas xentes, que na nosa terra sempre serán maioría, para facer posible a multitudinaria e deliciosa Misa de Reis que se celebrou o 6 de xaneiro en Camariñas. Misa oficiada por Don Jesús que fixo un percorrido, ameno, instructivo, polo significado da Epifanía e na que todo o que puido colaborou desinteresadamente: os reis foron tres voluntarios procedentes un de Camariñas e dous de Xaviña, o Coro Parroquial esmerouse ao máximo tanto no canto coma na organización da representación e o Concello cedeu os traxes dos Reis Magos. Sen olvidar a última das colaboracións: a de camarinas.eu, que asistío gustosamente ao acto e que agora deixa proba do mesmo ante a historia de Camariñas a través da presente noticia acompañada dunha impecable galería fotográfica para solaz e pracer das boas xentes da nosa terra.
{phocagallery view=category|categoryid=808|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.