O Señor Don Arturo Rodríguez Castro Descanse En Paz

A paz proverbial, característica, do entrañable Lugar de Riás, en plena Buría profunda, víose alterada no día de hoxe co falecemento dun veciño querido e respetado por toda a veciñanza: o Señor Arturo Rodríguez Castro. Don Arturo, emigrado durante moitos anos en Holanda, deixa esposa, Dona María Luisa, e dous fillos, o noso querido amigo Arturo e Inés, esposa de Manuel de Lin, e abandoa este mundo aos 68 anos de idade debido a complicacións no corazón. Don Arturo operouse fai once meses da vena aorta, nembargantes pouco despois complicacións derivadas da operación fixeron necesario o seu ingreso na Unidade de Cuidados Intensivos (UCI). A consecuencia de todo elo foi que seu cerebro quedou sen riego sanguíneo e xa por elo foi trasladado a súa casa de Buría onde, baixo os constantes cuidados da súa familia, quedou encamado cáseque sen coñecemento ata este malhadado martes 10 de xaneiro de 2012 no que faleceu. Don Arturo será velado alí onde el sempre o desexou, a súa casa do Lugar de Riás, estando o enterro previsto para este mércores 11 de xaneiro na Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 17:15 horas. Dende camarinas.eu animamos a todos os nosos lectores a que acompañen á súa familia nestes tristes momentos así como lle enviamos o noso máis sinceiro pésame. Don Arturo Rodríguez Castro Descanse En Paz.

Comentarios   

Mikel
+1 # D.E.P Don ArturoMikel 10/01/2012 21:26
Pola confianza que transmitía falar con usted, podería tratalo de Arturo pero polo respeto que merecíu como persona debo expresar o meu máis sentido pésame a Don Arturo. Sinto de corazón a pérdida desta estimada persona que tristemente non se pudo recuperar desa operación...A Inés e demáis familia, ánimo nestes duros momentos, D.E.P Don Arturo.......Mi guel e Familia
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
0 # DEP Señor Arturodiegoalfr 11/01/2012 18:41
Dende aquí quero dar o pésame a toda a familia de Don Arturo. Descanse en Paz.
Responder | Denunciar ante o administrador
estudiante
+1 # D.E.P. Don Arturoestudiante 12/01/2012 10:35
Eu tamén quero expresar as miñas condolencias a famila de “Arturo”, con él vaise un gran home, educado, honrado, traballador e un gran luchador. Toda unha vida de traballo, primeiro na emigración logo na Mercante e por último na vida da pesca. Sempre era un pracer falar con él, atento e respectuoso e sempre comprensible, una desas presoas que che enseña moitas cousas con solo falar.

Estas persoas non morren nunca, sempre quedan os seus recordos, as suas obras, as suas palabras e as suas enseñanzas.

Tiña que ser un fatídico día (08/02/2011) nunha intervención cirúrxica, o que me privara das suas palabras que a menudo repartíamos e outro día (10/01/2012) o que nos deixase de seguir contemplándoo.

A vida, a medida que vai pasando, vainos facendo cada vez mais duros, sobre todo, por estes varapalos que un tras outro, vaiche facendo un corazón de pedra. Eu pensei que xa estaba curtido con tantos sufrimentos, pero non foi así, a morte de D.Arturo vovío a deixame tocado.

Estou chegando a unha conclusión: Será millor facer que a xente non che queira, porque así non deixarás penas a nadie, e o que menos quero e facer sufrir a ninguén, e por suposto, menos os que mais quero. A verdade que ésto non tería moito sentido..

Decirlle a ésta familia (que é a miña), que a vida ten estas cousas, que hai que ser duros e seguir loitando e que o meteremos moito de menos.

Decirlle a miña cuñada, que ten unha gran familia e catro fillos maravillosos … motivo mais que suficiente para mirar pa diante e seguir loitando.

Decirlle a Manuel que tivemos a gran suerte de ter dous pais, él quedóuse sen ningún en muy pouco tempo, pero o ánimo e as forzas que nos demostraron é motivo mais que suficiente para seguir, que éso foi o que non enseñaron e o que lle gustaría que seguísemos facendo.

En fin, D.E.P. querido Arturo e que Deus che acolla no seu seno e che situe no sitio que tes mais que merecido.

Hasta sempre,

---estu---
Responder | Denunciar ante o administrador