Manuel Trillo morreo este xoves 6 de outubro de 2011

Este xoves 6 de outubro de 2011 falecía o que foi unha auténtica leyenda camariñana. Falecía aos oitenta anos de idade Manuel Trillo Lemus máis coñecido na nosa vila como Sujas. O Señor Manolo nacera nunha aldeiña de Vimianzo de onde ven para Camariñas sendo un bebé. Aquí crecío entre as correduiras da Rúa do Medio para despois, xa feito un mozo, casar coa que sería o amor da súa vida para sempre: súa muller Ruja. Despois viñeron os anos da emigración na próspera cidade británica de Londres onde tantos e tantos camariñáns levaron as súas ilusións e esperanzas. Alí, nese pais que a súa muller chamaba "O noso País" naceron as súas fillas e viviron gran parte da súa vida aínda que sempre lembraban a súa terriña nai. Cando se retiraron da vida laboral o matrimonio composto por Señor Manolo e Ruja voltou á súa querida Vila de Camariñas onde os podíamos ver sempre xuntos paseando pola vila ou en calqueira bar de Camariñas ata que este xoves Sujas perdeu unha dura loita contra unha longa enfermidade que viña padecendo dende anos atrás. O enterro celebrarase este venres 7 de outubro na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas a unha hora que está aínda por determinar. Dende Camarinas.eu queremos expresar a nosa máis sinceira condolencia a toda a familia e amigos de Señor Manolo. DEP.

Comentarios   

gelinita
0 # RE: Manolo Trillo Lemus DEPgelinita 06/10/2011 18:31
O MEU sentido pesame a familia de manuel trillo D E P,, SEFA E OS PEDROS
Responder | Denunciar ante o administrador
Jose Manuel Souto
0 # Manolo Trillo Lemus DEPJose Manuel Souto 06/10/2011 20:30
O meu mais sinceiro pesame a familia do señor Sujas.
R.I.P.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
0 # Señor Sujas DEPdiegoalfr 07/10/2011 10:28
Quero expresar aquí as miñas condolencias a toda a familia e amigos de Señor Manolo. Descanse en paz.

Tamén decir que o enterro realizarase as 6 da tarde na igrexa parroquial de San Xurxo de Camariñas. DEP.
Responder | Denunciar ante o administrador