1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Rubén O Rusiño, O Yogui e O Chicotiño xunto aos demáis membros da comisión non pararon de traballar os catro días do carmen

Pois como dicíamos anteriormente Camarinas.eu estase a poñer as pilas novamente e despois dunha temporadiña relativamente calmada pola gran cantidade de traballo volve a remontar o seu particular chiringuito informativo. Un chiringuito, por outra parte, que se extenderá ata os últimos rincóns do concello nunha nova etapa da web que marcou un antes e un despois na información xornalística da Costa da Morte. Así pois podemos anunciarvos dende estas páxinas a consecución inminente (por fin) da que será a Asociación Camarinas.eu que se encargará de velar pola supervivencia desta web así como de outros aspectos que teñen que ver ca promoción do bo uso de internet no concello liberando así das cargas propias deste traballo aos seus xa cansados redactores. Despois dun largo periplo que xa vai para os cinco anos de existencia e sempre coa imparcialidade e independencia política como baluarte, Camarinas.eu dará outro paso máis que pronto vos anunciaremos e que será todo un fito no xornalismo independente en Galicia. En breves días poñerémosvos máis ao corrente destas novidades.

Para celebrar con todos vos esta nova etapa da nosa web a redacción de Camarinas.eu quere agasallar a todos os lectores da web máis vista da historia da Costa da Morte con un bonito agasallo. E como non temos un peso, ocorreusenos regalarvos unha galería fotográfica inédita do acontecido na derradeira Sardiñada da Festa do Carmen de Camariñas 2011. Inédita, si, porque Camarinas.eu ven a ser lamentablemente o único medio de comunicación do concello que asiste á mairía das festas, recorre todos os espectáculos deportivos, asiste informativamente a todas as asociacións que así o requiran e que non escondemos uns oscuros intereses dentro das entrañas deste monstruo mediático. O que nos move, como cremos que quedou claramente demostrado durante estes caseque cinco anos, foi o noso compromiso cas xentes de todo o concello. Seguiremos informando das novidades que xa temos desenroladas para a nova Camarinas.eu. Moitas gracias por estar sempre ahí.

PD: Con esta noticia tamén queremos agradecer o traballo incesante da nova Comisión de Festas do Carmen patroneada polo noso querrido amigo Luis dos cabalos a prol das nosas festas. Gracias a toda a comisión!



Comentarios   

lucia018
+1 # RE: Sardiñada do Carmen 2011lucia018 22/09/2011 22:22


Aki deixo o Vidio dos mellores...Bail andooo Muakisss Un reportaje Genial diee!
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # RE: Sardiñada do Carmen 2011lucia018 22/09/2011 22:27
Responder | Denunciar ante o administrador
kinos
+1 # RE: RE: Sardiñada do Carmen 2011kinos 23/09/2011 19:31
dios tedin macho,arrasaaaa
Responder | Denunciar ante o administrador
kinos
+1 # RE: Sardiñada do Carmen 2011kinos 23/09/2011 19:27
jajaja demasiado o video,si señor
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # RE: Sardiñada do Carmen 2011lucia018 27/09/2011 09:01
jajaja eu mas tedin as 9 da mañan a canda danza jajaja !!! :-*
Responder | Denunciar ante o administrador