Foise noso querido amigo Reinaldo Tajes. DEPNa tarde do desapacible martes 30 de agosto, víspera de San Ramón, falecía sobre as 20:00 horas e despois de loitar duramente cunha grave enfermidade un dos grandes pioneiros da hostelería en Camariñas: o noso querido amigo e compañeiro Reinaldo Tajes, fundador do establemento que marcou un antes e un despois na Vila das Palilleiras: "Café Bar El Pinar". Dende hai uns anos, dende que a enfermidade se fixo forte no seu corpo, podíamolo ver paseando sempre xunto á súa dona María nunha cadeira de rodas polo Paseo Marítimo de Area da Vila  e departindo amigablemente co grupo de xubilados que tódalas tardes compareten vivencias en calqueira dos bancos que surcan o citado paseo camariñán.

"Rei" como era cariñosamente coñecido entre os membros daquelas xeracións dos 70, 80 e 90 que encheron a cotío durante máis de 20 anos o mítico local asentado na Avenida da Coruña, chegou ao mundo da hostelería despois de anos de duro traballo en barcos mercantes para dar o substento necesario á súa familia: á súa muller María e aos seus dous fillos Tono, actualmemente residente nas Illas Canarias, e Reinaldo, que foi, entre outras cousas, exemplar Presidente da Asociación de Empresarios de Camariñas. Arranca cun local, "O Pinar", aberto a comenzos da década dos 70 e que situaba a hostelería de Camariñas frente a unha nova dimensión: un establecemento amplio, de delicado diseño, dotado dos últimos avances e servizos e ideal para un ambiente xoven. Naquelas primeiras épocas faríanse famosos os seus sabrosos polos asados, que atreron a unha lexión de clientes provintes de toda a comarca. Foi precisamente neses tempos cando empezaron a descollar dun modo rutilante as boas maneiras como barman do seu fillo Tono, coñecido precisamente por elo en Camariñas como "Tono do Pinar". Despois, e debido ao éxito acadado co local creado frente ao pinal do medico, a principios dos oitenta Reinaldo Tajes Senior pon en marcha o segundo proxecto hosteleiro da familia: o Café Bar Oasis, rexentado dende sempre de xeito exquisitamente profesional polo seu fillo Reinaldo Jr. Finalmente, na década dos noventa, despois dunha vida de duro traballo e cos seus fillos xa feitos homes, decidío retirarse xunto coa súa esposa María á súa casa da Rúa Pinzón e podíamos velo desvivirse de orgullo cara os seus dous netos Borja e Martín, os cales que non podían ocultar a súa devoción hacia seu avó. Dende camarinas.eu queremos darlle o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Reinaldo Tajes "Rei" que será enterrado hoxe no Cemiterio Parroquial de Camariñas a partir das 8 da tarde. Reinaldo Tajes DEP.

Comentarios   

diegoalfr
+1 # Reinaldo DEPdiegoalfr 31/08/2011 10:16
As miñas máis sinceiras condolencias á familia de Reinaldo. Cantos recordos... Descanse en Paz Reinaldo.
Responder | Denunciar ante o administrador
Jenny Blanco
0 # RE: Reinaldo Tajes DEPJenny Blanco 31/08/2011 10:59
De parte da miña familia o noso mais sincero pesame a familia do Señor Reinaldo... Que Dios che teña na Gloria !
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
0 # depMachote 31/08/2011 11:29
o mais sentido pesame a familia do sr reinaldo descansa en paz
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
0 # RE: Reinaldo Tajes DEPE logo ti de quen es 31/08/2011 20:08
Meu mais sinceiro pesame a familia e amigos. D.E.P
Responder | Denunciar ante o administrador
Fran Rodríguez.
0 # Reinaldo TajesFran Rodríguez. 31/08/2011 20:35
Mis respetos y mi más sentido pésame a la Familia de Reinaldo Tajes. Una persona extraordinaria. Descanse en Paz.
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # RE: Reinaldo Tajes DEPjose de marta 31/08/2011 20:59
Eu tamen quero darlle o pesame a familia de sr reinaldo por esa gran perdida,un gran home,dios o teña na gloria.D.E.P.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Siempre estarás na nosa memoriaMikel 10/09/2011 20:42
Lamentablemente entereime a miles de kilómetros daquí e hoxe (aínda q tarde) que mediante esta página podo desir as miñas últimas palabras a un auténtico caballero, expresar con todos os meus respetos á súa familia, a Tono, Reinaldo, Sra María e demáis o máis profundo pesar pola pérdida dun home inteligente como poucos, que nadie na hostelería supo entender tan ben ás diferentes xeracións que fumos pasando polo mítico Pinar desde as mesas de madeira ás impresionantes estructuras de aceiro naquela época inolvidable das pipas e primeiras películas en pantalla no medio da movida máis frecuentada hasta tempos actuales...D.E. P Señor Reinaldo..Que Dios o teña sempre na Gloria por ser tan forte e leal hasta o último minuto desta vida....Mikel e Familia
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario