1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Lembranza de Juanillo ao Señor Cruseiro

Juanillo adica unha emotiva noticia a Manolo

Na tarde do Domingo 21 de agosto, falecía Manuel Quintana López, máis coñecido como O Cruseiro, aos 88 anos de idade. O Señor Cruseiro etaba casado coa Señora Carmen Pasantes Mouzo (falecida fai case 6 anos) e pai de 5 fillos, Julio, Carmen, Loló, Victoria e Jose Manuel,  que faleceu sendo moi noviño por mor dunha enfermidade. O Cruseiro como o coñecían en Camariñas era un home de mar, un traballador auténtico, un home que o dou todo para sacar a súa familia adiante.

Xunto ao seu cuñado Lalo (meu abuelo), decidiron convertirse en armadores e comprarían varias embarcacións ao longo da súa vida, sendo a última delas, o mítico barco camariñán, "VULCANO 2º",  a derradeira embarcación na que traballaría antes da súa xubilación.

O Cruseiro era un home que tiña as ideas moi claras, unhas ideas de esquerdas, era un SOCIALISTA auténtico, un socialista de toda a vida, que non dubidaba en acudir a todos cantos acontecementos houbera do PSOE. Dende  esta web, Camarinas.eu, quero darlle no meu nome e no da miña familia o noso máis sincero pésame a todos os familiares e amigos do noso comapañeiro "O Cruseiro". Don Manuel Quintana López "O Cruseiro" D.E.P.

Engadir un comentario