1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Acorde co verán miserable que estamos a vivir, o sábado 16 de xullo, Día do Carme, amenceu da peor maneira posible. Xélido, chuvioso e borraxeirento, un opaco tono gris foi o permanente telón de fondo que acompañou a celebración do día máis grande do ano en Camariñas. En condicións adversas como as descritas, o carácter invencible do Carme resplandece en todo o seu esplendor e a serpe multicolor da Danza de Arcos suple tódalas carencias climatolóxicas e tingue de colorido ata o corazón máis negro, o día máis escuro, a alma máis ocre. Perfecto complemento de distintas forzas en movemento, insuperable Comisión de Festas que en tempo récord foi quen desenrolar un traballo admirable e conseguir a miragre, operarios municipais (sempre os grandes olvidados) con horarios suicidas que comenzaban as 6 da mañán e rematan Deus sabe cando e onde nas datas máis sinaladas do calendario e formigueante Danza de Arcos, un ano máis o sagrado Día da Virxe do Carme encheu de ledicia, de emoción, dun bulto que se agarrotaba na gorxa ata o último corazón camariñán. Incluso co tempo máis miserable que se puidera vivir.

Nesta edición a caravana inofrmativa de camarinas.eu elexío como correa de transmisión para unha voráxine de lectores espallada polos catro puntos cardinais un dos navíos con máis solera de Camariñas: o Carballo capitaneado por José Manuel Pensado Lista, único barco de bandeira chilena da nosa flota. Dende as entrañas mesmas do emblemático Barrio do Campo, décadas leva vendo a Costa da Morte surcar as súas augas unha embarcación pequena de eslora pero grande de alma e na que un por por mor dun colorido neroazurro por momentos se poida confundir a súa borda co Estadio do Inter de Milán. Perfectamente surtido das vituallas máis imprescindibles para a ocasión e acompañado das máis fermosas damas, afrontamos unha singladura complicada na que un chirimiri continuo empañaba unha e outra vez o obxectivo e na que un piso esvaradizo obrigaba a difíciles equilibrios na permanente peregrinaxe á popa do buque na reposición duns refrixerios que supostamente sempre caían por fóra, nunca por dentro. Grácil, lixeiro, rexuvenecido, o Carballo, historia pura en movimeinto do Porto de Camariñas, foi un navío invencible que guiou a camarinas.eu ata unha nova victoria xornalística.

Comentarios   

Rosana Camariñas
0 # RE: Festa do Carme 2011: 16 de XulloRosana Camariñas 20/07/2011 10:07
Grandes festas este ano!!!!
Esperemos que para o ano sean iguales ou mellores!!
:lol:
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: Festa do Carme 2011: 16 de XulloBeldoña 25/07/2011 21:39
Inda que pa min estas festas estiveron marcadas pola pena,non deixo de recoñecer que foron extraordinarias . Felicidades a Comisión de Festas y noraboa por todo estes retratos tan ben logrados polos seus autores.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador