1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Todo listo para a mellor Danza de Arcos do mundoCáseque o mesmo día no que o glorioso Real Madrid voltaba aos adestramentos, a mellor Danza de Arcos do Mundo, a de Camariñas, iniciaba os ensaios para a Festa do Carme do ano 2011. Non de maneira tan esixente como a dos superatletas brancos: bastaba con dar un par de carreiriñas e presentarse máis ou menos sereo. En canto á forma física, con tal de que o prominente buchiño permitise polo menos albiscar as puntas dos zapatos xa valía. Si ademáis do anterior, os pupilos seguían correctamente as directrices do seu superior xa íamos que nos matábamos. Como non podía ser menos, dado o especial da ocasión camarinas.ei enviou ás alturas que dominan o Poso do Muelle á súa redactora especializada en temas arqueiros, Lucía Carril Ageitos, unha muller experta observadora analítica das máis enrevesadas filigranas danzantes, a camariñana que atesora a máis amplia colección de DVDs da Danza de Arcos da nosa vila. Señoras e señores, camariñáns todos: quedan tres días para o inicio das mellores festas da Costa Atlántica. Prepárense a desfrutar.

{phocagallery view=category|categoryid=675|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.